Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53605

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura e Turismo

EXTRACTO da Orde do 3 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

BDNS (Identif.): 429666.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo se pode consultar na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas e entidades beneficiarias

Poderán ser beneficiarias das subvencións establecidas para a tradución e a edición aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a súa condición de editoras de acordo co establecido na presente orde.

Segundo. Obxecto

Esta orden ten por obxecto establecer as bases que regularán o procedemento de concesión de subvencións, en réxime de concorrencia competitiva, a aquelas persoas físicas ou xurídicas que acrediten a condición de editoras, de acordo co establecido na presente orde (código de procedemento CT221C).

As axudas van dirixidas á produción editorial para apoiar o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas. Tamén se subvenciona a edición dos libros traducidos ao abeiro desta orde e fináncianse os gastos de edición, tales como os de deseño e maquetación, preimpresión, impresión e manipulación.

Terceiro. Bases reguladoras

Orde do 3 de decembro de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das axudas para o libro galego, no que se refire á tradución para outras linguas de obras publicadas orixinariamente en galego e á tradución para o galego de obras publicadas orixinariamente noutras linguas, así como para a súa edición, e se procede á súa convocatoria para o ano 2019.

Cuarto. Importe

A contía máxima adxudicada por medio desta orde ascende a douscentos mil euros (200.000,00 €). As axudas concederanse con cargo á aplicación orzamentaria 11.20.432A.770.0 dos orzamentos da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2019, por un importe de 90.000 euros e, con cargo aos orzamentos de 2020, a cantidade de 110.000 euros.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura e Turismo