Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 245 Mércores, 26 de decembro de 2018 Páx. 53755

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 21 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, dunha instalación eléctrica no concello de Cerdedo-Cotobade (expediente IN407A 2018/428).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e de declaración de utilidade pública, en concreto, e a urxente ocupación que leva implícita da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Eléctrica de Moscoso, S.L.

Domicilio social: avenida do Concello, 21, 36830 A Lama, Pontevedra.

Denominación: LMTS Valongo-Ceraxe e CT O Campo.

Situación: Cerdedo-Cotobade.

Características técnicas: liña de media tensión soterrada de 20 kV de 1.602 metros de lonxitude e centro de transformación de 100 kVA localizado no lugar entre a parroquia de Valongo (Santo André) e Ceraxe, parroquia de Aguasantas (Santa María), en Cerdedo-Cotobade (Pontevedra).

A relación concreta e individualizada dos bens ou dereitos que se van expropiar figura no anexo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial, avenida María Victoria Moreno, 43, 36003 Pontevedra, no prazo de trinta días, a partir da última publicación ou notificación individual.

Durante o dito período calquera persoa poderá achegar, por escrito, os datos oportunos para rectificar posibles erros na relación de persoas, bens e dereitos afectados, así como formular as posibles alegacións por razón do disposto no artigo 145 do Real decreto 1955/2000 anteriormente citado.

Así mesmo, e no mencionado prazo, poderase examinar nesta xefatura territorial o proxecto da instalación.

Pontevedra, 21 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra

ANEXO

Relación de bens e dereitos afectados

Nº de expediente: IN407A 2018/428.

Denominación: LMTS Valongo-Ceraxe e CT O Campo.

Termo municipal: Cerdedo-Cotobade.

Provincia: Pontevedra.

Predio 1:

Titular: Fermina Bouzas Caramés.

Paraxe: Pedreira.

Cultivo: prados ou pradarías.

Referencia catastral: 36012A051000010000ZB.

Afección: 46 m2 do solo para o centro de transformación.