Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53509

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

CORRECCIÓN DE ERROS. Anuncio do 7 de febreiro de 2018, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Pontevedra, polo que se publica a resolución do expediente de clasificación como veciñal en man común do monte denominado Montes de Saiar, a favor dos veciños da Comunidade de Montes Veciñais en Man Común de Saiar, na parroquia de Saiar, do concello de Caldas de Reis (Pontevedra).

Advertido erro na citada resolución, publicada no Diario Oficial de Galicia número 38, do 22 de febreiro de 2018, cómpre realizar a seguinte corrección:

Na páxina 11.319, na descrición da parcela 897, onde di:

«Parcela: 897. Cabida alegada na solicitude: 6.345 m2.

– Referencia catastral: 36005B510008970000ZI.

Estremas:

Norte: Carmen García Lemos e Manuel Insua Gándara.

Sur: Jesús Froján Alonso, Antonio Ruibal e Serafín Ferreiro.

Leste: pista.

Oeste: pista.»,

Debe dicir:

«Parcela: 897. Cabida alegada na solicitude: 6.345 m2 .

– Referencia catastral: 36005B510008970000ZI.

Estremas:

Norte: Carmen García Lemos e Manuel Insua Gándara.

Sur: Jesús Froján Alonso, Antonio Ruibal, Serafín Ferreiro e María Dolores Castro de la Torre.

Leste: pista.

Oeste: pista.».