Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53501

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO136979 e tres máis).

Logo de de tentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fora posible por causas non imputables á Administración, de conformidade coa disposición transitoria terceira da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e en virtude do disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícanse as resolucións ditadas ás persoas interesadas que se sinalan no anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñecer o contido íntegro do acto que se notifica, os interesados, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social sitas no Edificio Administrativo, ala sur, Monelos, rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, que non esgotan a vía administrativa, poderá interpoñer reclamación previa á vía xurisdicional social nesta xefatura territorial no prazo de trinta días hábiles, contado desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 26 de novembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de

expediente

DNI

Resolución de caducidade e arquivamento

25.6.2018

CO136979

49200234Z

Resolución de caducidade e arquivamento

20.8.2018

CO215435

78782261Q

Resolución por falecemento e acordo de arquivamento

16.10.2018

CO215136

32313583D

Resolución aceptando o desestimento e declarando concluso o procedemento

30.10.2018

CO13594

32781865B