Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53505

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 26 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifican as resolucións ditadas no procedemento BS611A competencia desta xefatura territorial (expediente CO204360 e dous máis).

Logo de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración, de conformidade cos artigos 40, 42, 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícanselles as resolucións ás persoas interesadas que se sinalan no anexo ou aos seus representantes debidamente acreditados.

Para coñeceren o contido íntegro do acto que se notifica, as persoas interesadas, ou os seus representantes debidamente acreditados, poderán comparecer no prazo de dez (10) días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Sección de Cualificación e Valoración de Discapacidades do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social, sitas no Edificio Administrativo –ala sur– Monelos, na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida a partir do día seguinte ao do vencemento indicado para comparecer.

Advírteselles que, contra as resolucións que se notifican, poderá interpoñerse a demanda perante a xurisdición social no prazo de trinta (30) días, contados desde o día seguinte ao da notificación das ditas resolucións, de conformidade co artigo 71.6 da Lei 36/2011, do 10 de outubro, reguladora da xurisdición social.

A Coruña, 26 de novembro de 2018

María Francisca Gómez Santos
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Contido do acto

Data da resolución

Nº de expediente

DNI

Resolución desestimatoria de reclamación previa

22.8.2018

CO204360

32327541Y

Resolución desestimatoria de reclamación previa

25.10.2018

CO216380

32446103A

Resolución desestimatoria de reclamación previa

6.9.2018

CO133199

32768916B