Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53481

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción dunha instalación eléctrica no concello de Ribadeo (expediente IN407A 2018/8662 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro (BOE núm. 310), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción da instalación eléctrica que se describe:

Solicitante: Begasa.

Domicilio social: parque empresarial As Gándaras, r/ Aller Ulloa, Ramón María, 9, 27003 Lugo.

Denominación: ampliación S.E. Ribadeo 132/20 kV: implantación de sistema de medida nas liñas de 132 kv como puntos fronteira entre compañías.

Situación: concello de Ribadeo.

Características técnicas:

• Instalación de seis transformadores de intensidade, tres para cada posición de liña, cunha relación de transformación de 200-400-800/5-5-5-5 A. Instalaranse na posición que actualmente ocupan os illadores de apoio que se atopan entre o equipo híbrido e a entrada de liña.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o proxecto e presentar as súas alegacións, nesta xefatura territorial, sita na rolda da Muralla, nº 70, baixo, 2, Lugo, no prazo de vinte días a partir do seguinte ao da última publicación desta resolución.

Lugo, 3 de decembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo