Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 244 Luns, 24 de decembro de 2018 Páx. 53494

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 10 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, polo que se notifica a varios interesados o outorgamento das autorizacións administrativas previa e de construción do parque eólico Pico Touriñán (IN661A 2010/3-4).

Por Resolución do 26 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Enerxía e Minas autorizouse o cambio de titularidade e outorgáronse as autorizacións administrativas previa e de construción ao parque eólico Pico Touriñán, nos concellos da Estrada, Cerdedo e Campo Lameiro (Pontevedra), promovido pola sociedade Enel Green Power España, S.L. (expediente IN661A 2010/3-4).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázanse as interesadas que figuran no anexo para seren notificadas por comparecencia, por non ter sido posible efectuar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.

As interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Santiago de Compostela, 10 de decembro de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas

ANEXO

Interesadas

Acto que se notifica

Asociación Cultural O Fervedoiro

Autorizacións administrativas previa e de construción

Manuela Picallo Cerviño

Autorizacións administrativas previa e de construción