Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53368

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (more uxorio 260/2016-P).

Eu, Sarai Paniagua Acera, letrada da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo (Xulgado de Familia), certifico que neste xulgado se tramitan os autos arriba referenciados, en que se ditou a seguinte:

«Sentenza nº 503/2017.

Vigo, 9 de novembro de 2017.

Vistos por min, María del Pilar Cao Fernández, maxistrada do Xulgado de reforzo dos xulgados de Primeira Instancia número 5 e número 12 de Vigo, os presentes autos de more uxorio, co número 260/2016, seguidos por instancia de Gerardo Mendoza Gabarre, representado pola procuradora Mª José Lorenzo Zarandona e baixo a dirección letrada de Marta Brea Brea, fronte a Vanesa Borja Borja, declarada en situación de rebeldía procesual, e con intervención do Ministerio Fiscal, do cal resulta o seguinte

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolvo:

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda interposta pola procuradora dos tribunais Mª José Lorenzo Zarandona, en nome e representación de Gerardo Mendoza Gabarre, fronte a Vanesa Borja Borja, e debo acordar e acordo as seguintes medidas:

– Atribúeselle ao pai a garda e custodia dos fillos menores, Gerardo e Adán. A titularidade e o exercicio da patria potestade serán compartidos entre ambos os proxenitores.

– En canto ao réxime de visitas, non se fixa ningún dada a situación actual da proxenitora non custodia e dos menores.

– Fíxase a contía da pensión de alimentos que a nai debe satisfacer a favor dos fillos menores en 200 euros (100 euros para cada fillo), suma que aquela deberá ingresar por mensualidades anticipadas, dentro dos cinco primeiros días de cada mes, na conta bancaria que para o efecto designe a nai.

Esta cantidade actualizarase anualmente en proporción ás variacións que experimente o índice oficial de prezos de consumo, segundo o INE ou organismo que o substitúa.

– Ambos os proxenitores aboarán por metade os gastos extraordinarios que xere a filla menor.

Merecerán a consideración de gastos extraordinarios, entre outros, os derivados da atención dos fillos menores de idade na sanidade privada por enfermidades, o custo pola adquisición ou uso de próteses, o custo doutras actividades médicas ou cirúrxicas non cubertas pola Seguridade Social e os gastos farmacéuticos inherentes a elas, e calquera outro, en definitiva, de análoga natureza aos antes enunciados.

Calquera incidente en sede de gastos extraordinarios tramitarase nos termos do artigo 776.4 da Lei de axuizamento civil, ben que os gastos antes enunciados e os de análoga natureza serán susceptibles de execución de título xudicial de forma inmediata.

Dada a natureza do presente procedemento, non procede realizar pronunciamento en canto ás custas procesuais.

Modo de impugnación. Recurso de apelación no prazo de vinte días desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Así, por esta miña sentenza, da cal se expedirá testemuño para a súa unión aos autos, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que conste e sirva de notificación a Vanesa Borja Borja, en ignorado paradoiro, expido e asino este edicto.

Vigo, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza