Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53417

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar

RESOLUCIÓN do 11 de decembro de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato da concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial no centro de atención ás persoas maiores de Baleira.

Para os efectos dispostos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, a Xerencia do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar acordou publicar a formalización do seguinte contrato:

Nº de expediente: CGSIB/003/17/XSP-CONC-AD.

Tipo de procedemento: procedemento aberto multicriterio.

Denominación do concurso público: concesión do servizo asistencial de atención diúrna e atención residencial no centro de atención ás persoas maiores de Baleira.

Importe de adxudicación, IVE incluído: 965.285,57 €.

Adxudicatario: Alalás, S.L.

Data de formalización do contrato: 3.12.2018.

Vantaxes da oferta do adxudicatario: a oferta do adxudicatario foi seleccionada como a máis vantaxosa, mediante a aplicación dos criterios recollidos no prego de cláusulas administrativas particulares.

Para máis información consultar a páxina web www.igualdadebenestar.org, punto Perfil do Contratante.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018

Perfecto Rodríguez Muíños
Xerente do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar