Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 243 Venres, 21 de decembro de 2018 Páx. 53414

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 11 de decembro de 2018 pola que se notifica requirimento do 28 de novembro de 2018 de retirada de vehículo con matrícula C-1953-BZ abandonado no dominio público portuario do porto de Sada (A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 2 d outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase á mercantil, con CIF X9106150J, en tanto que propietaria do vehículo marca Volkswagen, modelo Golf GTD, con matrícula C-1953-BZ, o seguinte requirimento por non ser posible a notificación a través do servizo de Correos.

Segundo denuncia da Policía Portuaria do porto de Sada e da Policía Local de Sada, o vehículo que se identifica atópase estacionado no porto de Sada, na zona de Carrefour, con claros síntomas de abandono, coa ITV caducada e sen seguro en vigor.

Considerando o exposto, e toda vez que na zona onde se atopa o vehículo a entidade pública Portos de Galicia é a Administración competente en materia de xestión de tráfico, de conformidade co disposto no artigo 106.1 do Real decreto lexislativo 6/2015, do 30 de outubro, que aproba o texto refundido da Lei sobre tráfico, circulación de vehículos de motor e seguridade vial, requírese a titular para que nun prazo máximo dun mes contado desde a publicación da presente cédula no Boletín Oficial del Estado, proceda a retirar o vehículo da zona de servizo do porto de Sada.

No caso de incumprirse o presente requirimento, Portos de Galicia, sen máis trámites, daralle ao vehículo tratamento de residuo, e procederá en consecuencia ao seu traslado a centro autorizado de tratamento de vehículos para a súa posterior destrución e descontaminación.

O anterior enténdese sen prexuízo das sancións administrativas que procedan en dereito.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Santiago de Compostela, 11 de decembro de 2018

José Ignacio Villar García
Director de Portos de Galicia