Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53105

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO de citación (PO 814/2017).

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Aristizabal Nayancy Iglesias contra Hostelería y Servicios Astapor, S.L., en reclamación por ordinario, rexistrado co número de procedemento ordinario 814/2017, acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da LXS, citar Hostelería y Servicios Astapor, S.L., en ignorado paradoiro, a fin de que compareza o día 24.1.2019 ás 10.45 e 10.50 horas, respectivamente, en planta baixa, Sala de Vistas, Edif. Xulgados, para a celebración dos actos de conciliación e, se for o caso, xuízo, aos cales comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que se tente valer, coa advertencia de que é única convocatoria e que os devanditos actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, porá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, con obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de se valer no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Hostelería y Servicios Astapor, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no DOG e colocación no taboleiro de anuncios.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza