Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53152

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Galaria, Empresa Pública de Servizos Sanitarios, S.A.

ANUNCIO do 29 de novembro de 2018 polo que se dá publicidade da Resolución do 28 de novembro de 2018 pola que se convoca a cobertura, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Radioterapia Externa da Unidade de Oncoloxía Radioterápica.

A Dirección de Galaria, de conformidade co establecido no Decreto 206/2005, do 22 de xullo (DOG núm. 145, do 29 de xullo), de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde, así como no artigo 3 da Orde da Consellería de Sanidade do 24 de maio de 2006 (DOG núm. 106, do 5 de xuño), pola que se establecen as bases do procedemento para a provisión dos postos de xefatura e coordinación das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde, e na Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral o do sector público autonómico de Galicia, e en virtude das atribucións que en materia de selección e contratación de persoal lle son conferidas polos estatutos da entidade,

RESOLVE:

Acordar a publicación do anuncio da convocatoria do proceso para a cobertura, polo procedemento de avaliación colexiada, do posto de xefe/a da Sección de Radioterapia Externa da Unidade de Oncoloxía Radioterápica de Galaria (Vigo).

As persoas interesadas terán á súa disposición toda a documentación relativa ao proceso en www.sergas.es/Recursos-Humanos/Galaria-empresa-pública-de-servizos-sanitarios-antigo-MEDTEC.

O prazo de presentación de solicitudes será de trinta (30) días naturais contados desde o seguinte ao da data da publicación do anuncio desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

Rocío Mosquera Álvarez
Directora xerente de Galaria, Empresa de Servizos Sanitarios, S.A.