Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53124

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 11 de decembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se notifica a Cerámicas El Castelo, S.A. o acordo de incoación do expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recursos mineiros de sección A, canteira El Castelo número 19, da provincia de Lugo.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase a Cerámicas el Castelo, S.A., con último enderezo coñecido no paseo do Boedo (estrada Guitiriz, Mariz km 0,680 s/n, 27300 Guitiriz, Lugo), o acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización de aproveitamento de recurso mineiros de sección A, canteira El Castelo, nº 19, da provincia de Lugo, xa que, intentada a notificación polos medios legalmente establecidos, non se puido efectuar.

No dito acordo de iniciación concédeselle quince (15) días para formular as alegacións e presentar as xustificacións e/ou documentos que coide oportunos en relación coa incoación do expediente de caducidade.

Lugo, 11 de decembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo