Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 242 Xoves, 20 de decembro de 2018 Páx. 53147

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Servizo Galego de Saúde

RESOLUCIÓN do 29 de novembro de 2018, da Dirección Xeral de Recursos Humanos, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo interposto pola Federación de Sanidade do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia.

Na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sección 1, tramítase o recurso 263/2018 IN (procedemento ordinario), interposto pola Federación de Sanidade do Sindicato Nacional de Comisións Obreiras de Galicia contra a Orde do 20 de xullo de 2018, da Consellería de Sanidade, pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo (DOG núm. 144, do 30 de xullo).

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte no citado xulgado no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 29 de novembro de 2018

Margarita Prado Vaamonde
Directora xeral de Recursos Humanos