Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52933

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 136/2018).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 13/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ángela Illodo Ferreiro contra María Teresa Rodríguez Mayer e o Fogasa, ditouse a seguinte resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decreto.

Letrada da Administración de xustiza: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2018.

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar a executada María Teresa Rodríguez Mayer, en situación de insolvencia parcial por importe de 6.222,58 euros en concepto de principal, máis outros 637,27 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, poidan devindicarse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Expedir os testemuños das resolucións procedentes que se entregarán á parte executante na oficina xudicial deste xulgado.

Modo de impugnación. Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que deberá interpoñerse ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente (artigo 188 da LXS).

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

E para que sirva para os efectos publicitarios a declaración de insolvencia de María Teresa Rodríguez Mayer, procédase á súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 26 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza