Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 241 Mércores, 19 de decembro de 2018 Páx. 52926

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo

EDICTO (969/2015).

Eu, Luis Diego Espino Hernández, letrado da Administración de xustiza do Xulgado de Primeira Instancia número 10 de Vigo, fago saber que no presente procedemento seguido por instancia de Novadelta Comercio de Cafés España, S.A. fronte a Agustín Manuel Fernández Alonso se ditou sentenza, cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Xuíza que a dita: maxistrada xuíza Ana Araceli Muñoz Martin.

Lugar: Vigo.

Data: 9 de novembro de 2016.

Demandante: Novadelta Comercio de Cafés España, S.A.

Avogada: Tamara Campos Rodríguez.

Procurador: Francisco Javier Toucedo Rey.

Demandado: Agustín Manuel Fernández Alonso.

Procedemento: xuízo verbal 969/2015.

Resolución:

Estimando integramente a demanda interposta por Novadelta Comercio de Cafés España, S.A. fronte a Agustín Manuel Fernández Alonso, debo condenar e condeno a este a aboar á demandante a cantidade de 4.849,24 euros máis os xuros do artigo 7 da Lei 3/2004, do 29 de decembro, de medidas de loita contra a morosidade. Impónselle o pagamento das custas ao demandado.

Modo de impugnación: recurso de apelación, que se interporá ante o tribunal que ditase a resolución que se impugne, dentro do prazo de vinte días contados desde o día seguinte ao da notificación daquela.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 LAC). Conforme a disposición adicional décimo quinta da LOPX, para a admisión do recurso deberase acreditar ter constituído, na conta de depósitos e consignacións deste órgano, un depósito de 50 euros, salvo que o recorrente sexa beneficiario de xustiza gratuíta, o Ministerio Fiscal, o Estado, Comunidade Autónoma, entidade local ou organismo autónomo dependente.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

(Segue sinatura da maxistrada xuíza).

E ao estar o dito demandado, Agustín Manuel Fernández Alonso, en paradoiro descoñecido, expídese este edicto co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vigo, 21 de novembro de 2016

O letrado da Administración de xustiza