Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52816

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ORDE do 27 de novembro de 2018 pola que se autoriza a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora da concesión administrativa e da batea Lufer I.

Visto o expediente instruido para os efectos de transmisión da batea Lufer I e da concesión administrativa que a ampara, resulta:

a) Antecedentes:

Primeiro. Mediante escrito do 23 de novembro de 2018, María Esther Sánchez Romero solicita autorización para transmisión mortis causa mediante pacto de mellora do 50 % da concesión administrativa e da batea Lufer I, a favor do seu fillo Francisco Javier Creo Sánchez.

Segundo. A solicitante presentou toda a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos.

b) Consideracións legais e técnicas:

Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.

Segunda. A Lei 2/2006, do 14 xuño, de dereito civil de Galicia (DOG número 124, do 29 de xuño), nos seus artigos 209 e seguintes, regula os pactos sucesorios como negocios mortis causa, e coa forma de pactos de apartación ou pactos de mellora.

Terceira. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde de 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).

Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:

Autorizar a transmisión mortis causa mediante pacto de mellora a favor de Francisco Javier Creo Sánchez (52455099B), do 50 % da concesión administrativa e da batea que se indica a seguir:

Identificación

Tipo: batea.

Nome: Lufer I.

Situación: cuadrícula nº 65.

Polígono: C.

Distrito: Caramiñal (A Coruña).

Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).

Título administrativo habilitante: concesión de actividade.

Orde de outorgamento: 14.10.1964.

Remate da vixencia: 15.12.2019.

Actuales titulares: María Esther Sánchez (76451305H) 50 % privativo e Francisco Javier Creo Sánchez (52455099B) 50 % privativo.

Novo titular: Francisco Javier Creo Sánchez (52455099B) 100 % privativo.

O novo titular da concesión administrativa, queda subrogado nos dereitos e obrigas dos anteriores.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses, contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

A Coruña, 27 de novembro de 2018

A conselleira do Mar
P.D. (Orde do 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña