Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52712

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

RESOLUCIÓN do 3 de decembro de 2018, da Dirección Xeral de Inclusión Social, pola que se publica a Resolución do 8 de novembro de 2018 do procedemento BS623C de concesión de axudas a corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

A Consellería de Política Social convocou no ano 2018, a través da Orde do 24 de xullo de 2018 (DOG núm. 148, do 3 de agosto) as bases do procedemento de concesión de axudas as corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e procédese á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

De conformidade co artigo 18 da antedita orde, a resolución dos expedientes de axudas corresponde, por delegación, ao director xeral de Inclusión Social.

As resolucións das solicitudes sometidas a un procedemento de concorrencia competitiva estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración. Coa notificación ao beneficiario informarase das condicións da axuda, de conformidade co establecido nos artigos 125.3.c) e d), 125.4.a) e 67.6) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no artigo 10 do Regulamento de execución (UE) nº 1011/2014 da Comisión, do 22 de setembro de 2014, e no anexo III do Regulamento delegado (UE) nº 480/2014 da Comisión, do 3 de marzo.

No seu artigo 13 establece que os actos administrativos e a correspondente resolución ditada no procedemento para a concesión de subvencións publicaranse no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

Polo exposto,

RESOLVO:

Ordenar a publicación no Diario Oficial de Galicia do contido integro da Resolución do 8 de novembro de 2018, ditada no procedemento BS623C de concesión de axudas as corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, que se xunta esta resolución no anexo.

Santiago de Compostela, 3 de decembro de 2018

Arturo Parrado Puente
Director xeral de Inclusión Social

ANEXO

Resolución do 8 de novembro de 2018 ditada no procedemento BS623C de concesión de axudas ás corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión

Conforme o establecido no artigo 18 da Orde do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras de subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e de programas desenvolvidos polas corporacións locais para a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión e se procede á súa convocatoria para os exercicios 2018-2019, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo 2014-2020.

Vista a proposta de aprobación e denegación de subvencións feita pola comisión de valoración con data 6 de novembro de 2018, conforme os artigos 15 e 16 da orde citada e fiscalizada de conformidade pola Intervención Delegada da Consellería de Política Social a proposta de disposición de gasto

RESOLVO:

1º. A concesión de subvencións ás siguintes entidades locais polas seguintes tipoloxías (relación anexo I).

2º. A inadmisión/denegación das solicitudes que se relacionan (relación anexo II).

3º. As contías correspondentes aos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables sinalados no artigo 4.1 das bases reguladoras están subvencionadas nun 80 % polo FSE no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9 (promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación); prioridade de investimento 9.1 (a inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego); obxectivo específico 9.1.1 (mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción). As contías correspondentes ás actuacións do artigo 4.3, de investimento en centros de inclusión e emerxencia social, están subvencionadas nun 80 % polo Feder dentro do programa operativo de Galicia 2014/2020, con encaixe no obxectivo temático 9 (promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación); prioridade de investimento 9.7 (investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias, e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais); obxectivo específico 9.7.1 (investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local, e reduza as desigualdades sanitarias e transición dos servizos institucionais aos servizos locais); actuación CPSO 9.7.1.2 (axudas para o investimento en centros de inclusión social e en centros de menores para a adaptación ás necesidades funcionais); categoría de intervención CE055_outra infraestrutura social que contribúa ao desenvolvemento rexional e social e deberán cumprir as normas establecidas no Regulamento UE 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e se derroga o Regulamento (CE) núm, 1083/2006 do Consello, nos regulamentos UE 1301/2013, e 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e Fondo Social Europeo, polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, do Consello e nas normas de subvencionabilidade ditadas pola autoridade de xestión para o período 2014-2020.

4º. O método utilizado para a estimación dos custos será, para aquelas axudas subvencionadas polo FSE, de baremos estándar de custos unitarios e no caso das axudas financiadas por Feder será o de custos reais a través da conta xustificativa.

5º. A aceptación da subvención implica a aceptación da inclusión das persoas beneficiarias na lista de operacións que se publicará co contido previsto no anexo XII do Regulamento (UE) núm. 1303/2013, así como na Base de datos nacional de subvenciones (BDNS).

6º. A recepción deste documento implica aceptar a obriga de aplicar medidas antifraude eficaces e proporcionadas no seu ámbito de xestión e cumprir a normativa comunitaria, estatal e autonómica de aplicación, en particular, a normativa en materia de subvencións (RDC art. 125.4.c). A detección de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade serán comunicados ao Servizo Nacional de Coordinación Antifraude (SNCA) nos termos establecidos na Comunicación 1/2017 do SNCA, do 6 de abril, sobre a forma na cal poden proceder as persoas que teñan coñecemento de feitos que puidesen ser constitutivos de fraude ou irregularidade en relación con proxectos ou operacións financiados total ou parcialmente con cargo a fondos procedentes da Unión Europea.

7º. Dispón de 10 días para comunicar a súa aceptación. No caso de non comunicación entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

8º. O pagamento das axudas farase de acordo co establecido no artigo 25 da orde de convocatoria.

As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. O primeiro período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de xullo de 2018 ata o 30 de novembro e presentarase con data límite do 5 de decembro de 2018. O segundo período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2017 e o 31 de outubro de 2019 e a xustificación presentarase con data límite do 5 novembro de 2019.

9º. En xeral as axudas concedidas condicionaranse ao cumprimento das obrigas establecidas na orde, polo que deberá:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dos requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso, as actuacións prestaranse de acordo co establecido na Carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

b) Manter un sistema de contabilidade separado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación. No caso das subvencións financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida.

c) En todo caso, respecto das axudas cofinanciadas co programa operativo FSE Galicia 2014-2020 ou Feder, deberán conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas cales estean incluídos os gastos da operación perante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Os beneficiarios comprométense a asumir a responsabilidade de adoptar as medidas necesarias para facer chegar ao publico información sobre as operacións financiadas polo programa operativo Feder/FSE de acordo co estipulado no artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello de 17 de decembro de 2013. En particular, deberán facer constar en todo tipo de publicidade e información das actuacións realizadas, a condición de subvencionadas pola Consellería de Política Social, de ser o caso, polo Feder 2014/2020 ou PO FSE Galicia 2014-2020 segundo ou establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello do 17 de decembro de 2013. En todas as medidas de información e comunicación que leve a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto, no cal deberá figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao fondo Feder ou FSE que dá apoio ao proxecto e aos lemas dos fondos. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión do 28 de xullo de 2014, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no cal se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, a presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos.

e) Informar, de ser o caso, as persoas destinatarias de que as actuacións nas cales participan están financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e no seu caso cofinanciadas polo Feder e/ou programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos, figurando os emblemas como mínimo nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, de ser o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados non artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención.

Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado o acceso á aplicación informática Participa 1420. Polo que respecta aos indicadores de produtividade relativos ás axudas de investimento en centros de inclusión e emerxencia social financiadas con Feder, realizarase un reconto global da capacidade máxima de persoas para as que está deseñado o centro e no caso de adquisición de equipamento de uso social, farase unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que no seu caso estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. En particular, e coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, comunicación na cal se fará constar toda a información precisa para dar cumprimento aos requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE e Feder. En particular e, con respecto ás persoas participantes, solicitará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Para a acreditación deste extremo, a entidade deberá solicitar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

h) As infraestruturas e equipamentos subvencionados deberán permanecer destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu por un período de cinco anos desde o pagamento final ao beneficiario, segundo establece o artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013 ao que se remite o artigo 7 da Orde HFP/1979/2016, de 29 de decembro. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas, e á exixencia dos xuros de mora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 26.

i) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos ao subministro de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, de 15 de febreiro), toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, e certificado no cal se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

j) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido como mínimo ao 60 % do total das súas horas.

k) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social, a autorización das modificacións que afecten ás actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días á data na cal se produzan.

l) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

m) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020 e Feder, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) núm. 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

n) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades como nos desprazamentos para a asistencia a elas.

o) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

p) A detección de irregularidades pode implicar a aplicación de correccións financeiras e a solicitude de devolución dos importes percibidos indebidamente, xunto cos correspondentes xuros de mora. As irregularidades detectadas no gasto xustificado do beneficiario reducirán a axuda Feder da operación.

q) Someterse ás actuacións de control e análise de riscos que poida efectuar a autoridade de xestión do programa operativo e, de ser o caso, os órganos competentes do organismo intermedio con axuda de ferramentas informáticas específicas da Unión Europea, en particular a aplicación informática Arachne.

r) O beneficiario deberá introducir os datos e os documentos dos que sexa responsable, así como todas as súas posibles actualizacións, nos sistemas de intercambio electrónico de datos de acordo ás especificacións determinadas na convocatoria de axudas, en cumprimento do artigo 122, punto 3, parágrafo primeiro, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e o artigo 10.1 do Regulamento 1011/2014, do 22 de setembro de 2014.

s) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado da orde e da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

Contra a resolución, que esgota a vía administrativa, pode interpoñerse recurso contencioso administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da notificación da resolución e, potestativamente, e con anterioridade á interposición do referido recurso contencioso-administrativo, poderá interpoñerse recurso de reposición ante o órgano que ditou o acto no prazo dun mes a partir do día seguinte ao da notificación da dita resolución; neste caso, non poderá interpoñerse recurso contencioso administrativo ata que sexa resolto, expresamente ou por desestimación presunta, o recurso de reposición.

Santiago de Compostela, 8 de novembro de 2018. O/a conselleiro/a de Política Social. Por Delegación Orde do 24 de xullo de 2018. DOG núm. 148, do 3 de agosto de 2018. O director xeral de Inclusión Social, Arturo Parrado Puente.

ANEXO I

Axudas concedidas

Subvencións para investimento en centros de inclusión e emerxencia social ás seguintes corporacións locais:

Expediente

NIF

Entidade local

Actuación

Puntos

Adxudicado 2018

Adxudicado 2019

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Albergue hogar del transeunte (especial)

55

5.836,00 €

0,00 €

BS623C 2018/42

P3605700H

Concello de Vigo

Albergue casa do pescador

55

0,00 €

25.249,60 €

BS623C 2018/42

P3605700H

Concello de Vigo

Albergue casa do pescador

50

0,00 €

9.292,80 €

BS623C 2018/42

P3605700H

Concello de Vigo

Albergue casa do pescador

50

0,00 €

9.600,00 €

BS623C 2018/33

P1500200I

Concello de Ames

Centro de transición á vida autónoma (especial)

40

16.000,00 €

0,00 €

Subvencións ás seguintes corporacións locais polas seguintes tipoloxías de programas:

a) Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

Expediente

NIF

Entidade local

Actuación

Puntos

Adxudicado 2018

Adxudicado 2019

BS623C 2018/36

P1507900G

Concello de Santiago de

Compostela

Programa de desenvolvemento integral do colectivo xitano

40

14.979,56 €

32.946,68 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados de inclusión básica

40

7.061,50 €

15.543,65 €

BS623C 2018/11

P1505500G

Concello de Narón

Programa dirixido á inclusión social básica

38

3.551,64 €

7.103,28 €

BS623C 2018/13

P3202000J

Concello do Carballiño

Apoio á inclusión social sociolaboral

38

3.133,80 €

6.894,36 €

BS623C 2018/26

P3204600E

Concello de Maside

Apoio á inclusión sociolaboral

37

12.409,85 €

28.204,20 €

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Acceso a unha vivenda estable

45

0,00 €

0,00 €

BS623C 2018/28

P3208600A

Concello de Verín

Itinerarios de inclusión socio-laboral

36

10.926,52 €

30.084,48 €

BS623C 2018/50

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

Inclusión social coa poboación de etnia xitana

35

0,00 €

12.535,20 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Apoio á inclusión básica

33

14.979,56 €

32.946,68 €

BS623C 2018/14

P3207000E

Concello de Ribadavia

Inclusión sociolaboral persoas etnia xitana

28

4.805,16 €

10.571,35 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Apoio á Inclusión básica. Ensinanzas básicas

43

1.949,92 €

0,00 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Formación ocupacional

43

3.899,84 €

0,00 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados de inclusión e transición ao emprego

38

2.632,39 €

5.801,01 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Itinerarios de inserción

37

7.312,20 €

19.499,20 €

BS623C 2018/11

P1505500G

Concello de Narón

Programa dirixido a inclusión e transición ao

emprego

35

1.584,31 €

3.168,62 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Itinerarios de inserción

33

4.094,83 €

8.530,90 €

BS623C 2018/4

P3603900F

Concello do Porriño

Integración da comunidade xitana

30

9.140,25 €

29.541,29 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Reforzo socioeducativo menores

43

3.534,23 €

8.847,76 €

BS623C 2018/28

P3208600A

Concello de Verín

Mellora etapas educativas

38

5.606,02 €

12.796,35 €

BS623C 2018/11

P1505500G

Concello de Narón

Reforzo escolar a menores

38

1.974,29 €

2.559,27 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Reforzo e apoio escolar

37

1.121,20 €

2.486,15 €

BS623C 2018/50

P3606000B

Concello de Vilagarcía de Arousa

Reforzo socioeducativo para menores da etnia xitana

35

0,00 €

9.749,60 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Reforzo educativo verán

35

1.828,05 €

1.462,44 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Reforzo educativo para menores da poboacion xitana

34

2.998,00 €

8.067,79 €

BS623C 2018/4

P3603900F

Concello do Porriño

Reforzo escolar a menores

33

3.899,84 €

9.408,36 €

BS623C 2018/15

P2705000D

Concello de Quiroga

Reforzo socioeducativo para menores

29

2.315,53 €

4.996,67 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Formación en competencias clave

43

1.949,92 €

0,00 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Competencias clave ADPIL

43

2.339,90 €

4.826,05 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Formación dixital

40

1.657,43 €

1.267,45 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Formación en competencias clave

40

0,00 €

1.803,68 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Preparación ESA

40

0,00 €

2.388,65 €

BS623C 2018/11

P1505500G

Concello de Narón

Formación dixital

38

487,48 €

0,00 €

BS623C 2018/13

P3202000J

Concello do Carballiño

Formación dixital

38

365,61 €

0,00 €

BS623C 2018/11

P1505500G

Concello de Narón

Formación competencias clave

38

779,97 €

2.632,39 €

BS623C 2018/26

P3204600E

Concello de Maside

Formación dixital

35

243,74 €

243,74 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación dixital

35

0,00 €

974,96 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Reforzo educativo primaria

35

1.316,20 €

3.290,49 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Reforzo educativo secundaria

35

1.243,07 €

3.290,49 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Competencias clave

35

779,97 €

2.193,66 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Preparación ESO/ESA

35

487,48 €

2.193,66 €

BS623C 2018/4

P3603900F

Concello do Porriño

Competencias clave

33

3.899,84 €

9.408,36 €

BS623C 2018/15

P2705000D

Concello de Quiroga

Preparación das probas en competencias clave

29

3.948,59 €

5.996,00 €

BS623C 2018/15

P2705000D

Concello de Quiroga

Preparación das probas de graduado/a en ESO

29

3.875,47 €

8.311,53 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Promoción do acceso e mantemento da vivenda

45

1.566,90 €

3.447,18 €

BS623C 2018/11

P1505500G

Concello de Narón

Proxecto de promoción do acceso e mantemento da vivenda

45

271,60 €

584,98 €

BS623C 2018/50

P3606000B

Concello de Vilagarcía de

Arousa

Acceso e mantemento de vivenda persoas etnia xitana

42

0,00 €

4.178,40 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Programa de erradicación do chabolismo

40

13.099,28 €

15.993,08 €

BS623C 2018/26

P3204600E

Concello de Maside

Apoio á inclusión residencial

39

2.068,31 €

4.700,70 €

BS623C 2018/50

P3606000B

Concello de Vilagarcía de

Arousa

Mediación social/intercultural para pesoas de etnia xitana

37

0,00 €

3.720,00 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Obradoiro intercultural

34

558,00 €

1.674,00 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Mediación para a poboación xitana

33

8.872,20 €

20.776,20 €

BS623C 2018/35

P2703100D

Concello de Monforte de

Lemos

Vivenda 10

31

5.139,43 €

19.095,29 €

BS623C 2018/35

P2703100D

Concello de Monforte de

Lemos

Mediación social e/ou intercultural

31

260,4 €

837 €

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

Expediente

NIF

Entidade local

Actuación

Puntos

Adxudicado 2018

Adxudicado 2019

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Servizo de apoio á inclusión básica

44

4.282,86 €

9.422,29 €

BS623C 2018/28

P3208600A

Concello de Verín

Itinerarios de inclusión sociolaboral

41

8.962,67 €

22.772,28 €

BS623C 2018/13

P3202000J

Concello do Carballiño

Apoio á inclusión social sociolaboral

40

5.849,76 €

11.699,52 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados inclusión básica

40

5.933,33 €

13.057,50 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de inclusión básica con inmigrantes

40

1.671,36 €

6.037,79 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Itinerarios de inclusión básica

39

0,00 €

9.881,92 €

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

SAMI_ Servizo de Atención ás Migracións

46

0,00 €

38.437,80 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Servizo de inclusión e transición ao emprego

44

2.437,40 €

6.580,98 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de inclusión sociolaboral con inmigrantes

40

1.949,92 €

7.044,09 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Itinerarios personalizados inclusión e transición ao emprego

40

2.315,53 €

5.069,79 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Itinerarios inserción

37

11.090,17 €

26.153,30 €

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

Reforzo socioeducativo para menores inmigrantes

41

0,00 €

16.891,18 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Reforzo apoio escolar

40

1.121,20 €

2.486,15 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Reforzo educativo (grupo 1)

39

1.998,67 €

4.874,80 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Reforzo educativo (grupo 2)

39

1.998,67 €

4.874,80 €

BS623C 2018/10

P3605800F

Concello de Vilaboa

Programa de reforzo educativo inmigrantes

39

1.072,46 €

3.168,62 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Reforzo escolar e xestión de bolsas escolares

37

4.094,83 €

9.895,84 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Competencias clave

45

2.339,90 €

4.826,05 €

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

Formación dixital

41

0,00 €

731,22 €

BS623C 2018/13

P3202000J

Concello do Carballiño

Formación dixital

40

365,61 €

0,00 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación dixital inmigrantes

40

0,00 €

487,48 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Programa formación dixital

40

2.388,65 €

1.901,17 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de reforzo educativo inmigrantes

40

828,72 €

2.437,40 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Reforzo educativo inmigrantes (curso de verán)

40

658,10 €

584,98 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Formación dixital

39

0,00 €

1.218,70 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Formación en competencias clave

37

1.291,82 €

2.144,91 €

BS623C 2018/33

P1500200I

Concello de Ames

Curso de esforzo de integración

35

0,00 €

1.218,70 €

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

Servicio de mediación social intercultural

46

0,00 €

25.779,60 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Mediación social e/ou intercultural

44

3.199,20 €

8.649,00 €

BS623C 2018/10

P3605800F

Concello de Vilaboa

Mediación intercultural

43

10.509,00 €

10.509,00 €

BS623C 2018/28

P3208600A

Concello de Verín

Mediación intercultural

41

1.171,80 €

3.031,80 €

BS623C 2018/33

P1500200I

Concello de Ames

Mediación intercultural

40

558,00 €

930,00 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Mediación social e intercultural

40

744,00 €

1.488,00 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de mediación intercultural

40

2.994,60 €

7.533,00 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Inmersión lingüística

45

1.949,92 €

0,00 €

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

41

0,00 €

7.312,20 €

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

Formación para o coñecemento da sociedade de acollida

41

0,00 €

487,48 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Curso de esforzo de integración

41

0,00 €

584,98 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Curso obtención da nacionalidade española

41

0,00 €

1.218,70 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Curso obtención da nacionalidade española II

41

0,00 €

1.218,70 €

BS623C 2018/34

P3203300C

Concello de Xinzo de Limia

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

40

0,00 €

3.656,10 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Alfabetización linguas oficiais de Galicia

40

2.778,64 €

7.555,94 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Formación para o coñecemento dos valores da sociedade de acollida

40

0,00 €

2.193,66 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Alfabetización nas linguas da sociedade de acollida

39

1.998,67 €

4.874,80 €

BS623C 2018/10

P3605800F

Concello de Vilaboa

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

39

1.218,70 €

3.412,36 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

37

0,00 €

5.849,76 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Formación para coñecemento dos valores da sociedade de acollida

37

1.291,82 €

2.144,91 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

37

1.608,68 €

4.387,32 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Formación para coñecemento dos valores da sociedade de acollida

37

48,75 €

2.023,04 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Alfabetización nas linguas oficiais de Galicia

32

316,86 €

1.194,33 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Formación para coñecemento dos valores da sociedade de acollida

32

316,86 €

1.194,33 €

BS623C 2018/12

P1500011J

Consorcio As Mariñas

Asesoría xurídica

49

7.479,34 €

16.462,90 €

BS623C 2018/41

P1500500B

Concello de Arteixo

Asesoramento técnico especializado no ámbito de estranxeiría

45

334,27 €

1.838,50 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría

44

0,00 €

4.491,78 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Programa de asesoramento e atención xurídica-legal, social e administrativa

40

4.387,32 €

9.401,40 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Asesoría xurídica

37

14.770,64 €

27.640,12 €

BS623C 2018/39

P2702800J

Concello de Lugo

Asesoramento legal en materia de estranxeiría

37

4.011,26 €

9.777,46 €

BS623C 2018/20

P1507400H

Concello de Ribeira

Asesoramento xurídico especializado en materia de estranxeiría

22

0,00 €

3.447,18 €

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión.

Expediente

NIF

Entidade local

Actuación

Puntos

Adxudicado 2018

Adxudicado 2019

BS623C 2018/36

P1507900G

Concello de Santiago de

Compostela

Programa local de inclusión social de colectivos en risco

40

14.979,56 €

32.946,68 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Itinerario inclusión básica Risga Pontevedra

36

14.979,56 €

21.782,80 €

BS623C 2018/42

P3605700H

Concello de Vigo

Inclusión social de menores de 30 anos perceptores de Risga do CMSS R. Atienza de Vigo

32

8.983,56 €

19.763,83 €

BS623C 2018/42

P3605700H

Concello de Vigo

Mellora da promoción de desenvolvemento persoal de mulleres perceptoras de Risga do Concello de Vigo

28

7.479,34 €

16.483,79 €

BS623C 2018/12

P1500011J

Consorcio As Mariñas

Gabinete de inserción sociolaboral

52

17.476,16 €

38.437,80 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Inclusion e transicion ao emprego Risga Pontevedra

36

17.476,16 €

38.437,80 €

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Itinerarios inclusionemprego Risga Monteporreiro

36

4.362,95 €

9.627,73 €

BS623C 2018/42

P3605700H

Concello de Vigo

Inclusión sociolaboral de persoas perceptoras da Risga do CMSS de Coia

32

9.749,60 €

21.912,23 €

BS623C 2018/37

P3205500F

Concello de Ourense

Imedra: incorporación sociolaboral

31

17.476,16 €

38.437,80 €

BS623C 2018/47

P3600800A

Concello de Cangas

Programa de reforzo socioeducativo

21

2.681,14 €

4.265,45 €

d) Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á inclusión social dos menores a cargo.

Expediente

NIF

Entidade local

Actuación

Puntos

Adxudicado 2018

Adxudicado 2019

BS623C 2018/46

P3200022F

Mancomunidade de concellos do Carballiño

Programa de educación familiar

52

35.680,12 €

88.260,25 €

BS623C 2018/36

P1507900G

Concello de Santiago de

Compostela

Programa de inclusión de menores a cargo

38

14.979,56 €

32.946,68 €

BS623C 2018/22

P2706500B

Concello de Vilalba

Educación e apoio familiar

33

13.788,72 €

31.358,89 €

BS623C 2018/43

P1505900I

Concello de Oleiros

Obradoiro de educación afectivo-sexual

33

0,00 €

334,27 €

BS623C 2018/2

P3205300A

Concello de Nogueira de Ramuín

Programa de educación familiar do Concello de Nogueira de Ramuín

32

7.521,12 €

13.370,88 €

BS623C 2018/6

P3201500J

Concello da Bola

Programa complementario de educación e apoio familiar

31

14.415,48 €

24.067,58 €

BS623C 2018/14

P3207000E

Concello de Ribadavia

Educación familiar

30

11.490,60 €

32.173,68 €

BS623C 2018/3

P3200200H

Concello de Allariz

Educación e apoio familiar

29

14.979,56 €

32.946,68 €

BS623C 2018/19

P3203200E

Concello de Esgos

Programa de educación e apoio familiar

29

2.089,20 €

4.596,24 €

BS623C 2018/43

P1505900I

Concello de Oleiros

Obradoiro de disciplina positiva

28

0,00 €

668,54 €

BS623C 2018/43

P1505900I

Concello de Oleiros

Obradoiro de habilidades persoais e sociais para inclusión

28

0,00 €

1.692,25 €

BS623C 2018/43

P1505900I

Concello de Oleiros

Obradoiro de hábitos saudables e economía doméstica

28

0,00 €

1.253,52 €

BS623C 2018/32

P1505800A

Concello de Noia

Programa de educación e apoio familiar

27

3.050,23 €

11.866,66 €

BS623C 2018/5

P3200800E

Concello de Baños de Molgas

Programa complementario de educación familiar

27

0,00 €

7.938,96 €

BS623C 2018/52

P3207400G

Concello de Rubiá

Educación e apoio familiar dirixido á inclusión social dos menores a cargo do Concello de Rubiá

26

6.894,36 €

15.167,59 €

BS623C 2018/38

P1501900C

Concello de Carballo

Programa complementario de educación e apoio familiar

25

0,00 €

30.544,10 €

BS623C 2018/23

P1507500E

Concello de Rois

Aula de apoio educativo

25

2.611,50 €

9.401,40 €

BS623C 2018/9

P1507200B

Concello de Porto do Son

Programa complementario de educación familiar dirixido a menores

25

0,00 €

18.384,96 €

BS623C 2018/18

P3202300D

Concello de Castrelo de Miño

Programa de educación e apoio familiar

24

0,00 €

32.946,68 €

BS623C 2018/44

P2706800F

Concello de Burela

Programa de educación e apoio familiar

24

11.929,33 €

25.613,59 €

BS623C 2018/20

P1507400H

Concello de Ribeira

Express-Arte

24

0,00 €

2.862,20 €

BS623C 2018/26

P3204600E

Concello de Maside

Programa de educación e apoio familiar

24

14.478,16 €

32.904,90 €

BS623C 2018/54

P1501700G

Concello de Cambre

Proxecto Prisma-educación familiar

23

0,00 €

24.945,05 €

BS623C 2018/24

P3600400J

Concello de Bueu

Programa de apoio psicolóxico ao menor

23

5.014,08 €

36.769,92 €

BS623C 2018/51

P2701600E

Concello de Chantada

P. ed. e apoio familiar: fomentando parentalidade positiva

23

9.192,48 €

20.223,46 €

BS623C 2018/13

P3202000J

Concello do Carballiño

Apoio e educación familiar

23

0,00 €

32.946,68 €

BS623C 2018/21

P2704100C

Concello de Panton

Programa de educación e apoio familiar

23

5.975,11 €

32.946,68 €

BS623C 2018/48

P3204400J

Concello de Maceda

Servizo de educación e apoio familiar

22

8.837,32 €

22.709,60 €

BS623C 2018/29

P2704700J

Concello da Pobra do Brollón

Programa de educación familiar

22

0,00 €

18.384,96 €

BS623C 2018/31

P1501100J

Concello de Boiro

Programa educando en familia II

21

0,00 €

1.253,52 €

BS623C 2018/10

P3605800F

Concello de Vilaboa

Programa intervención familiar en familias en risco de exclusión

21

6.351,17 €

6.351,17 €

BS623C 2018/7

P2702200C

Concello de Guitiriz

Inmegui

20

2.715,96 €

4.805,16 €

BS623C 2018/8

P3605600J

Concello de Valga

Programa de apoio educativo, preventivo e de apoio familiar

19

1.566,90 €

3.447,18 €

BS623C 2018/45

P1506600D

Concello de Padrón

Programa complementario de educación e apoio familiar

18

2.047,42 €

3.718,78 €

BS623C 2018/16

P2706700H

Concello de Viveiro

Educación familiar

18

7.312,20 €

16.713,60 €

BS623C 2018/40

P1500600J

Concello de Arzúa

Escola de nais e pais

18

417,84 €

1.253,52 €

BS623C 2018/1

P3208200J

Concello de Toén

Programa de educación e apoio familiar

18

0,00 €

32.946,68 €

BS623C 2018/49

P1500900D

Concello de Betanzos

Programa de autonomía e competencias persoais e sociais

13

9.192,48 €

20.056,32 €

ANEXO II

Solicitudes inadmitidas/denegadas

Expediente

NIF

Concello

Colectivo

Actuación

Estado

Motivo da denegación

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Poboación xitana

Inclusión da poboación xitana

Inadmisión

Non cumprir requisito do artigo 10.1.g) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia para ter a condición de beneficiario

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Exclusión social

Inclusión básica

Inadmisión

Non cumprir requisito do artigo 10.1.g) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia para ter a condición de beneficiario

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Exclusión social

Inclusión e transición ao emprego

Inadmisión

Non cumprir requisito do artigo 10.1.g) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia para ter a condición de beneficiario

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Poboación xitana

Acceso a unha vivenda estable

Inadmisión

Non cumprir requisito do artigo 10.1.g) da Lei9/2007 de subvencións de Galicia para ter a condición de beneficiario

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Poboación inmigrante

Asesoramento técnico especializado xurídico a poboación inmigrante

Inadmisión

Non cumprir requisito do artigo 10.1.g) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia para ter a condición de beneficiario

BS623C 2018/53

P1503000J

Concello da Coruña

Familias

Educación e apoio familiar

Inadmisión

Non cumprir requisito do artigo 10.1.g) da Lei 9/2007 de subvencións de Galicia para ter a condición de beneficiario

BS623C 2018/40

P1500600J

Concello de Arzúa

Exclusión social

Enfócate

Denegada

Non cumpre o requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal de equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/40

P1500600J

Concello de Arzúa

Exclusión social

A primeira e a derradeira hora

Denegada

Non cumpre o requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal de equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/54

P1501700G

Concello de Cambre

Centro municipal de servizos sociais comunitarios (especial)

Denegada

Non consta que o Concello de Cambre sexa titular dun centro de inclusión e emerxencia social

BS623C 2018/30

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

Exclusión social

Reforzo psicolóxico

Denegada

Non cumpre o requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal de equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/30

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

Exclusión social

Programa de reforzo escolar

Denegada

Non cumpre o requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal de equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/30

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

Exclusión social

Programa preparación ESO

Denegada

Non cumpre o requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal de equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/30

P3600048G

Concello de Cerdedo-Cotobade

Familias

Programa de educación e apoio familiar

Denegada

Non atender o requirimento de achegar o anexo VI

BS623C 2018/55

P3602400H

Concello de Lalín

Poboación inmigrante

Formación en competencias clave

Denegada

Fóra de prazo. Non figuraba na solicitude inicial

BS623C 2018/32

P1505800A

Concello de Noia

Exclusión social

Prestacións de reforzo escolar

Denegada

Non cumpre o requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal de equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Exclusión social

Itinerarios inclusión básica Risga Monteporreiro

Denegada

O importe máximo subvencionable son 106.667 para cada programa

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Exclusión social

Competencias clave nivel 2

Denegada

O importe máximo subvencionable son 106.667 para cada programa

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Exclusión social

Competencias clave nivel 1

Denegada

O importe máximo subvencionable son 106.667 para cada programa

BS623C 2018/25

P3603800H

Concello de Pontevedra

Exclusión social

Competencias clave nivel 3

Denegada

O importe máximo subvencionable son 106.667 para cada programa

BS623C 2018/20

P1507400H

Concello de Ribeira

Exclusión social

Reforzo educativo para menores de familias vulnerables

Denegada

Non cumprir requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal do equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/52

P3207400G

Concello de Rubiá

Exclusión social

Inclusión social

Denegada

Non cumprir requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal do equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/52

P3207400G

Concello de Rubiá

Exclusión social

Técnicas e reforzo socioeducativo

Denegada

Non cumprir requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal do equipo comarcal do Consorcio

BS623C 2018/17

P1508300I

Concello de Teo

Exclusión social

Programa de reforzo socio-educativo para menores

Denegada

No cumprir requisito do art. 4.c) por dispoñer no seu termo municipal do equipo comarcal do Consorcio