Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52804

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 23 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, de autorización administrativa e autorización administrativa de construción dunha instalación eléctrica no concello de Sanxenxo (expediente IN407A 2018/373-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a instalación eléctrica que a continuación se describe:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: travesía de Vigo, 204, 36207 Vigo.

Denominación: LMTS saída 1 e CT nº 1 parque empresarial de Nantes.

Situación: Sanxenxo.

Características técnicas: LMTS (actuación 1) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 30 metros de lonxitude, con orixe na cela de saída da subestación de Sanxenxo e final na arqueta situada no exterior do recinto da subestación de Sanxenxo. LMTS (actuación 2) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 149 metros de lonxitude, con orixe na arqueta situada no exterior do recinto da subestación de Sanxenxo e final no CT nº 1. LMTS (actuación 3) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 187 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 1 e final no CT nº 2. LMTS (actuación 4) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 550 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 2 e final no CT nº 3. LMTS (actuación 5) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 168 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 3 e final no CT nº 4. LMTS (actuación 6) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 337 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 4 e final no CT nº 5. LMTS (actuación 7) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 369 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 5 e final no CT nº 6. LMTS (actuación 8) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 313 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 6 e final no CT nº 7. LMTS (actuación 9) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 214 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 7 e final no CT nº 8. LMTS (actuación 10) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 113 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 8 e final no CT nº 9. LMTS (actuación 11) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 429 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 9 e final no CT nº 10. LMTS (actuación 12) a 20 kV con condutor tipo RHZ de 388 metros de lonxitude, con orixe no CT nº 10 e final no CT nº 11. Centro de transformación con relación 2000/400 V a 630 kVA, localizado no CT nº 1 no parque empresarial de Nantes. A instalación eléctrica está localizada no parque empresarial de Nantes, Sanxenxo (Pontevedra).

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico e no capítulo II, título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica e na Resolución da Consellería de Economía e Industria do 19 de febreiro de 2014, pola que aproba o procedemento de autorización administrativa de construción (DOG nº 54, do 19 de marzo), así como na Lei 5/2017, do 19 de outubro, de fomento da implantación de iniciativas empresariais en Galicia (DOG nº 203, do 25 de outubro), esta xefatura territorial resolve:

Conceder autorización administrativa e autorización administrativa de construción para a devandita instalación, cuxas características se axustarán en todas as súas partes ás que figuran no proxecto de execución e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación, e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licenzas ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras da instalación autorizada.

Contra a presente resolución poderá interpoñer recurso de alzada ante o Conselleiro de Economía, Emprego e Industria no prazo dun mes contado a partir de día seguinte ao da notificación desta resolución; tamén poderá interpoñer calquera outro recurso que xulgue pertinente ao seu dereito.

Pontevedra, 23 de novembro de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra