Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 240 Martes, 18 de decembro de 2018 Páx. 52775

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 6 da Coruña

EDICTO (PO 69/2018).

Eu, María Mercedes Santos García, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 6 da Coruña, fago saber que no procedemento PO 69/2018, seguido por instancia da Fundación Laboral de la Construcción contra a mercantil Galiservices Limpiezas Integrales, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou a sentenza número 12/2018, do 17 de abril de 2018, que estima a demanda, e contra a cal non cabe interpor ningún recurso. O texto íntegro da resolución está á disposición dos interesados no propio xulgado.

E para que sirva de notificación en legal forma á mercantil Galiservices Limpiezas Integrales, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza