Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52679

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

RESOLUCIÓN do 4 de decembro de 2018, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional, pola que se anuncia a contratación do servizo da xestión do comedor escolar en trinta e dous centros educativos, polo procedemento aberto suxeito a regulación harmonizada e tramitación urxente, mediante sete lotes, para o curso escolar 2018/19.

1. Entidade adxudicadora: datos xerais e datos para obter a información:

a) Organismo: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Obtención de documentación e información:

1º. Dependencia: Subdirección Xeral de Recursos Educativos Complementarios. Servizo de Xestión de Comedores Escolares dos Centros Docentes non Universitarios.

2º. Domicilio: Edificio administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

4º. Teléfonos: 881 99 51 88/981 54 44 61.

5º. Telefax: 981 54 54 43.

6º. Correo electrónico: comedores.santiago@edu.xunta.es.

7º. Enderezo da internet do perfil do contratante:

https://www.contratosdegalicia.gal/licitacion?N=431217.

8º. Data límite de obtención de documentación e información: o último día do prazo de presentación de proposicións.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: contrato de servizos.

b) Descrición: xestión de comedores escolares.

c) División por lotes e número de lotes/número de unidades: sete (7) lotes definidos no anexo V do prego de cláusulas administrativas particulares (PCAP).

d) Lugares de execución: definidos no anexo V do PCAP.

e) Prazo de execución: desde o 1 de marzo de 2019 ata o 21 de xuño de 2019 do actual curso escolar 2018/19.

f) Admisión de prórroga: esta licitación non permite prórrogas.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto multicriterio.

c) Poxa electrónica: non.

d) Criterios de adxudicación: os especificados na cláusula 9 do PCAP.

4. Orzamento base de licitación. Importe neto: 519.945,00 €. IVE: 39.515,82 €. Importe total: 559.460,82 €, segundo se desagrega no anexo V do PCAP.

5. Garantías exixidas:

Provisional: non.

Definitiva: 5 % do orzamento base da licitación, excluído o IVE.

6. Requisitos específicos do contratista:

a) Clasificación: non.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: as especificadas na cláusula 5 do PCAP.

7. Presentación das ofertas:

a) Data límite de presentación: ata as 19.00 horas do décimo quinto día natural posterior ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia. Se o último día do prazo de presentación coincide en día inhábil, o prazo de presentación rematará o primeiro día hábil seguinte.

Cando a oferta se envíe por correo certificado dentro do prazo de admisión, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle a súa remisión ao órgano de contratación no mesmo día, mediante telegrama ou fax (981 54 54 43).

b) Lugar de presentación:

1º. Dependencia: Rexistro Único e de Información da Xunta de Galicia.

2º. Domicilio: Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

3º. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a manter a súa oferta: o sinalado nos puntos 2, 3 e 4 do artigo 158 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público.

8. Apertura dos sobres B:

a) Enderezo: Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional. Edificio Administrativo San Caetano, s/n.

b) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15781.

c) Data e hora: o oitavo día hábil, contado desde o seguinte ao de remate do prazo de presentación de ofertas, ás 10.00 horas. De coincidir este en día inhábil, efectuarase o primeiro día hábil seguinte.

9. Gastos de publicidade: serán por conta dos adxudicatarios, a razón de 10,82 € por cada liña publicada, con excepción do lote 17.

10. Outros. Condición especial de contratación: de conformidade co establecido no artigo 202 da Lei 9/2017, do 8 de novembro, de contratos do sector público, a cobertura de riscos de responsabilidade civil e intoxicación alimentaria considérase condición especial de contratación, coas implicacións establecidas na cláusula 12.1 do PCAP.

Santiago de Compostela, 4 de decembro de 2018

Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Educación,
Universidade e Formación Profesional