Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52598

III. Outras disposicións

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se procede á publicación da reasignación dos créditos orzamentarios recollidos na Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras do Programa de emprego con apoio, e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Consellería de Economía, Emprego e Industria publicou a Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante os programas de emprego con apoio e de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación, no Diario Oficial de Galicia número 153, do 10 de agosto de 2018.

No artigo 2.2 da devandita orde disponse a distribución inicial dos créditos que financian a orde por programas, con cargo ás aplicacións orzamentarias da Secretaría Xeral de Emprego,

Código de proxecto 2016 00309

Importe por programas

Importe por aplicacións

Aplicacións orzamentarias

Programa emprego con apoio

(capítulo II) procedemento TR341L

500.000 €

450.000,00 €

09.40.322C.470.9

50.000,00 €

09.40.322C.481.9

No artigo 2.3 establecese que, de producírense remanentes nunha aplicación orzamentaria dun programa, procederase a reasignar as contías sobrantes na outra aplicación do mesmo programa. As reasignacións levaranse a cabo logo das modificacións orzamentarias pertinentes.

Unha vez finalizado o prazo de presentación de solicitudes ao abeiro desta orde e instruídos os expedientes do Programa de emprego con apoio, xorde unha necesidade de crédito para atender as solicitudes das entidades sen animo de lucro na aplicación orzamentaria 09.40.322C 481.9, mentres que existen remanentes na aplicación 09.40.322C.470.9, polo que cómpre realizar unha reasignación de crédito por importe de 150.000,00 €.

De acordo co disposto no artigo 31 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG núm. 20, do 29 de xaneiro), cando a contía máxima das subvencións convocadas se distribúa entre distintos créditos orzamentarios, a alteración da devandita distribución non precisará de nova convocatoria pero si das modificacións que procedan no expediente de gasto e da publicación nos mesmos medios que a convocatoria.

Por todo o exposto e co fin de atender todas as solicitudes presentadas,

RESOLVO:

Primeiro. Modificar o crédito destinado ás axudas convocadas pola Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se convocan para o ano 2018 axudas para fomentar o emprego das persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social no mercado ordinario de traballo, mediante os programas de emprego con apoio e de incentivos á contratación a tempo parcial e á formación, redistribuíndo o crédito asignado en cada aplicación do Programa de emprego con apoio e sen variar o orzamento inicial.

Programa

Importe por programas

Importe por aplicación

Aplicacións orzamentarias

Programa de emprego con apoio (capítulo II) procedemento TR 341L

500.000,00 €

300.000,00 €

09.40.322C 470.9

200.000,00 €

09.40.322C 481.9

Segundo. Esta modificación, unha vez publicada no Diario Oficial de Galicia, non implicará apertura de prazo para presentar novas solicitudes.

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego