Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 239 Luns, 17 de decembro de 2018 Páx. 52526

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

DECRETO 159/2018 do 5 de decembro, polo que se nomea un vogal do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, experto no eido da Administración pública.

O artigo 7 da Lei 4/1987, do 27 de maio, de creación da Escola Galega de Administración Pública de Galicia (EGAP), modificado pola Lei 10/1989, do 10 de xullo, establece a composición do Consello Reitor do dito organismo. No número 3 letra c) do mesmo artigo sinálase que formarán parte do citado consello cinco expertos de recoñecido prestixio no campo da Administración pública nomeados polo Consello da Xunta de Galicia.

De acordo co anterior e co fin de dar cumprimento a este mandato, mediante este decreto procédese á renovación parcial dos anteditos vogais expertos no eido da Administración pública para, en concreto, nomear como vogal do Consello Reitor da EGAP a Francisco Javier Sanz Larruga, catedrático de Dereito Administrativo da Universidade da Coruña.

Na súa virtude, por proposta do vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día cinco de decembro de dous mil dezaoito

DISPOÑO:

Artigo único

Nomear como novo vogal do Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública, na súa calidade de experto no eido da Administración pública, a Francisco Javier Sanz Larruga.

Disposición derradeira única

Este decreto entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de decembro do dous mil dezaoito

Alberto Núñez Feijóo
Presidente

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza