Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 238 Venres, 14 de decembro de 2018 Páx. 52475

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 219/2018).

ETX execución de títulos xudiciais 219/2018

Procedemento de orixe: despedimentos/cesamentos en xeral 633/2017

Sobre despedimento

Demandante: José Luis Fernández Yebenes

Avogada: María Milagros Verde Crespo

Demandados: Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), Turmens Logística Urgente, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa,

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xutiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudicais número 219/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Luis Fernández Yebenes contra a empresa Turmens Logística Urgente, S.L., sobre reclamación de cantidade, se ditou decreto en data do 23 de novembro de 2018, cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar a executada Turmens Logística Urgente, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 12.871,85 euros en concepto de principal (1.878,68 € indemnización + 10.993,17 € salarios), máis 1.287,18 euros que provisionalmente se orzan para xuros, gastos e custas, insolvencia que se entenderá, para todos os efectos, como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución, se en diante se coñecen novos bens da executada.

c) Proceder á súa inscrición no rexistro correspondente.

d) Levar o orixinal ao libro de decretos e deixar testemuño nas presentes actuacións.

Notifíquese ás partes, e a Turmens Logística Urgente, S.L., por medio de edictos no DOG, e fágaselles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interpoñerse ante o presente órgano xudicial no prazo de tres días hábiles. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá consignar a cantidade de 25 euros, en concepto de depósito para recorrer, na conta de consignacións deste Xulgado do Social número 3 aberta en Banco Santander, conta nº 5076 0000 64 0219 18. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá ingresarse en conta número 000493569920005001274, e no campo “concepto” deberá indicar o número de conta “5076 0000 64 0219 18”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de “observacións” a data da resolución impugnada utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

Así o acordo, mando e asino. Dou fe.

A letrada da Administración de xustiza».

Advírtese a destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial.

E para que sirva de notificación a Turmens Logística Urgente, S.L., expido o presente edicto.

Santiago de Compostela, 23 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza