Visto os expedientes instruídos para os efectos de transmisión das bateas C.M.C. III e J.M.V. I e das concesións administrativas que as amparan, resulta:
a) Antecedentes:
Primeiro. Mediante escrito do 19 de novembro de 2018, Joaquín Outeiral Fernández e María del Pilar González Blanco, solicitan autorización para transmisión inter vivos das concesións administrativas e das bateas C.M.C. III e J.M.V. I.
Segundo. Os solicitantes presentaron a documentación requirida para a tramitación deste tipo de procedementos
b) Consideracións legais e técnicas:
Primeira. Este órgano é competente para resolver o expediente de conformidade coa Lei 11/2008, do 3 de decembro, de pesca de Galicia (DOG número 243, do 16 de decembro), modificada pola Lei 6/2009, do 11 de decembro (DOG número 243, do 15 de decembro), e coa Orde do 8 de setembro de 2017 de delegación de competencias na Secretaría Xeral Técnica da Consellería do Mar, nas direccións xerais e xefaturas territoriais e na Presidencia do Consello de Administración do ente público Portos de Galicia.
Segunda. O expediente seguiu todos os trámites establecidos na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administraciones públicas (BOE número 236, do 2 de outubro), coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 228, do 21 de novembro), e na Orde do 15 de xuño de 1999 pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións das bateas de cultivos mariños nas augas de Galicia (DOG número 126, do 2 de xullo).
Vistas as disposicións citadas, esta consellería resolve:
Autorizar a transmisión inter vivos, a favor da empresa Mariscos Joyfra, S.L. (B15259773), das concesións administrativas e das bateas que se indican a seguir:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: C.M.C. III.
Ubicación:
Cuadrícula nº: 8.
Polígono: C.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 23.9.1968.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Joaquín Outeiral Fernández e María del Pilar González Blanco (33234151W -33259333E) 100 % ganancial.
Nova titular: Mariscos Joyfra, S.L. (B15259773) 100 %.
Identificación
Tipo: Batea.
Nome: J.M.V. I.
Ubicación:
Cuadrícula nº: 46.
Polígono: H.
Distrito: Caramiñal (A Coruña).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título administrativo habilitante: concesión de actividade.
Orde de outorgamento: 22.9.1975.
Remate da vixencia: 15.12.2019.
Actuais titulares: Joaquín Outeiral Fernández e María del Pilar González Blanco (33234151W-33259333E) 100 % ganancial
Nova titular: Mariscos Joyfra, S.L. (B15259773) 100 %.
Baixo as seguintes condicións:
Primeira. Os actuais titulares deberán presentar no prazo máximo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación da presente orde no Diario Oficial de Galicia, orixinal ou fotocopia cotexada da seguinte documentación:
a) Documento notarial da transmisión ou doazón.
b) Solicitude ou carta de pagamento do imposto de transmisións patrimoniais ou documento de sucesións.
Segunda. Transcurrido o prazo indicado na condición primeira sin ter achegado a documentación requirida, a autorización quedará sen efecto, logo de comunicación por parte da consellería.
Terceira. A nova titular das concesións administrativas queda subrogada nos dereitos e obrigas dos anteriores, desde o momento de formalización da compra-venda en escritura pública.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante a conselleira do Mar ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdición contencioso-administrativa, que se interporá no prazo de dous meses contados en ambos os dous casos desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e o artigo 46.1 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
A Coruña, 22 de novembro de 2018
A conselleira do Mar
P.D. (Orde de 8.9.2017)
Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña