Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52200

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral de Emprego, pola que se fai público o depósito de estatutos da Asociación Empresarial Veterinaria de Galicia-Ceve Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 13 do Real decreto 416/2015, do 29 de maio, sobre depósito de estatutos das organizacións sindicais e empresariais, e para os efectos previstos nel, faise público que na correspondente oficina pública de depósito de estatutos de asociacións sindicais e empresariais, se acordou depositar, con data do 28 de novembro, os estatutos da Asociación Empresarial Veterinaria de Galicia-Ceve Galicia.

Ámbito territorial: Comunidade Autónoma de Galicia.

Ámbito profesional: serán membros de pleno dereito todas as empresas, sexan persoas físicas ou xurídicas, que exerzan legalmente a súa actividade no sector.

Serán membros colaboradores as persoas físicas que teñan relación directa coas empresas sociais de pleno dereito definidas no punto anterior. Enténdese que existe unha relación directa cando un/unha é titular ou cotitular da empresa.

Asinan a acta de constitución: José Ignacio Santamaría Ruíz, Graciela Pousada Estévez, Germán Quintana Díez, Alberto A. Silva Torres, Guillermo Ernesto Campos Fraguas, María Xesús Blanco Sobrino, Judith Combarros Leal e Estefanía Pazos Leis.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Covadonga Toca Carús
Secretaria xeral de Emprego