Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 237 Xoves, 13 de decembro de 2018 Páx. 52182

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 23 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o requirimento de documentación no procedemento de cancelación da inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia do expediente AC-2012/00084 e un máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), logo de intentada a notificación do requirimento de documentación no último domicilio das persoas interesadas sen poder efectuala, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo para que no prazo de quince (15) días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado.

No caso de non facelo, teranse por desistidas da súa solicitude, que se arquivará despois de ditar a correspondente resolución.

Os expedientes relacionados están á disposición das persoas interesadas para que poidan consultalo na Xefatura Territorial da Coruña, sita na rúa Vicente Ferrer, 2, 15008 A Coruña.

A Coruña, 23 de novembro de 2018

María Barreiro Lázare
Xefa territorial da Coruña

ANEXO

Expediente

NIF/NIE/Pasaporte

AC-2012/00084

34896391D

AC-2013/00411

33300545H