Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 52013

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 16 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da instalación eléctrica LMT, CT, RBT Queimós, no concello de Guitiriz (expediente 01/2018 AT).

Para os efectos previstos na Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico (BOE núm. 310, do 27 de decembro), e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310, do 27 de decembro), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa previa e de construción, e a declaración de utilidade pública, en concreto, da seguinte instalación eléctrica:

Denominación: LMT, CT, RBT Queimós.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, Velle, 32960 Ourense.

Características técnicas principais:

– Liña de media tensión aérea a 15 kV, cunha lonxitude de 1.356 m, con orixe no apoio
92-27-24 da LMT SDG-705, no tramo entre a derivada ao CT Piñeiro e a derivada aos  CC.TT. Pasarín e Enfostela, en condutor LA-56 e final en CT intemperie Queimós proxectado.

– Centro de transformación intemperie, cunha potencia de 100 kVA, e unha relación de transformación de 15.000/400-230 V.

– Liña de baixa tensión aérea, cunha lonxitude de 8 m, con orixe no CT proxectado, condutor tipo RZ e final en rede existente de baixa tensión.

Finalidade da instalación: adecuación e mellora das instalacións da zona.

A declaración de utilidade pública, segundo o sinalado no artigo 56 da citada Lei 24/2013, levará implícita, en todo caso, a necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e implicará a urxente ocupacion para os efectos do artigo 52 da Lei do 16 de decembro de 1954, de expropiación forzosa (BOE núm. 351, do 17 de decembro).

A relación concreta e individualizada de bens e dereitos afectados que se consideran de necesaria ocupación, figuran no anexo que se insire xunto con esta resolución.

Aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presentar as súas alegacións por duplicado nesta xefatura territorial (Edificio Administrativo da Xunta de Galicia en Lugo, rolda da Muralla, 70) referidas ás posibles limitacións á constitución da servidume de paso de liñas eléctricas (artigo 161 do Real decreto 1955/2000) e aqueloutras que consideren oportunas no prazo de vinte días hábiles contados desde o día seguinte ao da última publicación ou ao da notificación individual.

Durante este prazo poderase examinar o proxecto das instalacións nesta xefatura territorial, de luns a venres, entre as nove da mañá e as dúas da tarde.

Ata o mesmo momento do levantamento das actas previas, os interesados poderán facer alegacións por escrito para os únicos efectos de corrixir posibles erros que se atopen ao relacionar os bens e dereitos afectados segundo dispón o artigo 56.2 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa (BOE núm. 160, do 27 de xuño).

Esta publicación realízase igualmente para os efectos do artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE núm. 236, do 2 de outubro), cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos, non se saiba o lugar de notificación, ou ben, tentada a notificación, non se puidera realizar, e así dirixirlle ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan de conformidade co artigo 5 da Lei de expropiación forzosa, do 16 de decembro de 1954.

Lugo, 16 de novembro de 2018

Pilar Fernández López
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Relación de bens e deitos afectados pola LMT, CT, RBT Queimós, concello de Guitiriz

Nº de predio

Propietario

Parcela

Afección

Nome e apelidos

Datos catastrais

Lugar

Cultivo

Apoio

Voo

Superficie (m2)

Lonxitude (m)

Superficie (m2)

Políg.

Parc.

2

José Miragaya Sánchez

109

 38

Quinto de Dentro

Eucaliptal

1

10

42

672

4

José Antonio Prieto Rodríguez

109

 35

Quinto de Dentro

Monte baixo

6

96

5

Dorinda García Rodríguez

109

 34

Quinto de Dentro

Monte baixo

6

96

6

Raúl Acción Méndez

109

 33

Quinto de Dentro

Prado

51

816

11

José Miragaya Sánchez

109

 22

Bazabana

Piñeiral

30

480

14

José Antonio Prieto Rodríguez

110

202

Fenlle

Prado

5

72

15

Raúl Acción Méndez

110

201

Fenlle

Prado

12

170

20

José Antonio Prieto Rodríguez

110

177

Fenlle

Prado

25

21

Raúl Acción Méndez

110

173

Fenlle

Prado

27

378

24

Dorinda García Rodríguez

110

172

Regovilar

Carballeira

8

25

Raúl Acción Méndez

110

170

Regovilar

Piñeiral e carballo

5

2

113

1.800

26

Dorinda García Rodríguez

110

169

Pena de Bos

Prado

6

2

36

576

27

José Antonio Prieto Rodríguez

110

169

Pena de Bos

Prado

40

640

30

Raúl Acción Méndez

110

163

Areal

Carballeira

215

46

Hros. de Jesús García Díaz

111

260

A Cruz

Prado

13

197