Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 236 Mércores, 12 de decembro de 2018 Páx. 52048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia

RESOLUCIÓN do 30 de novembro de 2018 pola que se fai pública a formalización da contratación do servizo de evolución, mantemento e soporte especializado de diversos espazos e servizos na internet do eido da cultura (expediente AMT-2018-0040).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Xerencia da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición do obxecto: o obxecto desta contratación é o servizo de evolución funcional, mantemento e soporte especializado de diversos espazos e servizos web do eido da cultura.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante: http://www.contratosdegalicia.es

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOG, DOUE e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación:

DOG: 14.3.2018.

DOUE: 10.3.2018.

BOE: 16.3.2018.

3. Tramitación e procedemento.

a) Procedemento: aberto harmonizado.

b) Tramitación: ordinaria.

4. Valor estimado do contrato: 380.160,00 € (IVE excluído).

5. Orzamento base de licitación: 2.158.400,00 € máis 33.264,00 €, que corresponden ao IVE (21 %), o que supón un total de 191.664,00 € (cento noventa e un mil seiscentos sesenta e catro euros).

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 2.10.2018.

b) Data de formalización do contrato: 14.11.2018.

c) Contratista: Balidea Consulting and Programming, S.L.

d) Importe de adxudicación: 172.497,60 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 30 de novembro de 2018

Mar Pereira Álvarez
Directora da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia