Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51729

III. Outras disposicións

Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional

ORDE do 28 de novembro de 2018 pola que se modifica a autorización, por cambio de titularidade, dos centros privados San José de Cluny, de Santiago de Compostela (A Coruña), e San José de Cluny, de Vigo (Pontevedra).

A representante legal dos centros privados (CPR) San José de Cluny, de Santiago de Compostela e de Vigo, solicita o cambio de titularidade a favor da Fundación Educativa San José de Cluny.

Mediante escritura pública notarial do 30 de outubro de 2018, a Congregación Hermanas de San José de Cluny, a través da súa representante, cede a titularidade dos CPR San José de Cluny, de Santiago de Compostela e de Vigo, a favor da Fundación Educativa San José de Cluny.

De conformidade coa solicitude de cambio de titularidade formulada, e logo da tramitación do expediente de acordo co establecido no Decreto 133/1995, do 10 de maio, de autorización de centros docentes privados para impartir ensinanzas de réxime xeral non universitarias, e coa Orde do 20 de setembro de 1995 que o desenvolve, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Recursos Humanos,

DISPOÑO:

Artigo 1. Modificación da autorización

Autorizar o cambio de titularidade do CPR San José de Cluny, de Santiago de Compostela, código 15015627, e do CPR San José de Cluny, de Vigo, código 36011351, a favor da Fundación Educativa San José de Cluny, con efectos do 1 de xaneiro de 2019.

O cambio de titularidade non afectará o réxime de funcionamento do centro.

Artigo 2. Inscrición no rexistro

Esta orde dará lugar á correspondente inscrición no Rexistro de Centros da Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Artigo 3. Modificación da autorización

O centro queda obrigado ao cumprimento da normativa vixente e a solicitar a oportuna revisión cando teña que modificarse calquera dos datos que se sinalan nesta orde.

Contra esta orde, que esgota a vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular recurso potestativo de reposición, ante esta consellería, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde a mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Carmen Pomar Tojo
Conselleira de Educación, Universidade e Formación Profesional