Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 235 Martes, 11 de decembro de 2018 Páx. 51841

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 15 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se acorda notificar o requirimento de documentación no procedemento de inscrición no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia (expediente OU-2018/00081).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por non ser posible a notificación persoal aos interesados, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan para que no prazo de quince días, contados desde o seguinte ao da data de publicación deste anuncio, comparezan no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia para comunicarlles o contido do requirimento de emenda. A eficacia desta resolución queda supeditada á súa publicación no Boletín Oficial del Estado (BOE).

No caso de non facelo, teranse por desistidos da súa solicitude, a cal se arquivará despois do ditado da correspondente resolución.

O expediente relacionado está á disposición dos interesados para que, de ser o caso, poidan consultalo na Xefatura Territorial de Ourense, situada na avenida da Habana, 79, 1º, 32004 Ourense.

O que se notifica de acordo coa normativa indicada.

Ourense, 15 de novembro de 2018

Manuel Pardo Cid
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

NIF/equivalente

OU-2018/00081

Jonatan Rodríguez Rodríguez

****131C

OU-2018/00081

Josefa Alonso Pérez

****075Z