Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 234 Luns, 10 de decembro de 2018 Páx. 51659

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meis

ANUNCIO de aprobación inicial da modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno municipal en sesión que tivo lugar o día 29 de novembro de 2018, acordou prestar aprobación inicial ao documento de modificación puntual número 4 do Plan xeral de ordenación municipal redactado por Espinosa&Rodríguez Architects Projets Mangers, S.L., que non resulta sometido ao procedemento de evaluación ambiental estratéxica por Resolución do 5 de xullo de 2018 da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático da Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio.

De conformidade co disposto no artigo 60.6 da Lei 2/2016, do solo de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo de dous meses, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que durante este período poida ser examinado e formular as alegacións que se consideren oportunas. A documentación poderá ser consultada nas oficinas municipais, das 9.00 ás 14.00 horas.

Así mesmo, de conformidade co disposto no artigo 47 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia e 86 do Regulamento da Lei 2/2016, suspender o outorgamento de licenzas naquelas zonas do territorio nas cales as novas determinacións supoñan modificación do réxime urbanístico vixente, podéndose outorgar licenzas baseadas no réxime vixente sempre que se respecten as determinacións do novo planeamento.

Meis, 30 de novembro de 2018

José Luis Pérez Estévez
Alcalde