Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51412

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Santiago de Compostela

RESOLUCIÓN do 27 de novembro de 2018 pola que se resolve a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de postos de traballo vacantes no cadro de persoal funcionario de administración e servizos desta universidade.

Mediante a Resolución da Xerencia do 26 de setembro de 2018 (DOG núm. 190, do 4 de outubro) convócase a provisión, polo sistema de libre designación, dos postos de traballo que se relacionan no anexo desta resolución.

De conformidade co establecido no artigo 92 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e no artigo 16 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, polo que se aproba o Regulamento de provisión de postos de traballo, promoción profesional e promoción interna, o xerente no exercicio das competencias delegadas que se lle recoñecen pola Resolución reitoral do 20 de xuño de 2018,

DISPÓN:

Primeiro. Resolver a convocatoria para a provisión, polo sistema de libre designación, efectuada pola Resolución da Xerencia do 26 de setembro de 2018 e adxudicar os postos convocados ao persoal funcionario que se relaciona no anexo desta resolución.

Segundo. O destino adxudicado será irrenunciable, agás que antes de rematar o prazo de toma de posesión se obtivese outro destino mediante convocatoria pública, quedando obrigadas as persoas interesadas, neste caso, a comunicarllo ao reitorado da USC no prazo de tres días.

Terceiro. O prazo para tomar posesión empezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Cuarto. O prazo para tomar posesión do novo destino será de tres días hábiles se non implica cambio de residencia ou de sete días hábiles se comporta cambio de residencia. No caso de que, a persoa adxudicataria do posto obteña coa súa toma de posesión, o reingreso ao servizo activo, o prazo será de vinte días hábiles.

Contra a presente resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Non obstante, as persoas interesadas poderán interpoñer un recurso potestativo de reposición no prazo dun mes perante o órgano que a ditou. Neste caso non se poderá interpoñer o recurso contencioso-administrativo antedito mentres non recaia resolución expresa ou presunta do recurso administrativo de reposición, ao abeiro dos artigos 123 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Santiago de Compostela, 27 de novembro de 2018

Antonio Javier Ferreira Fernández
Xerente da Universidade de Santiago de Compostela

ANEXO

Denominación do posto: vicexerente/a de Persoal, Investigación e Planificación Estratéxica.

Código: PF000002.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Martínez García, María Pilar.

NIF: ***** 509M.

Denominación do posto: vicexerente/a de Economía e Infraestruturas.

Código: PF000003.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Freire Ramos, Xosé Antón.

NIF: ***** 895X.

Denominación do posto: vicexerente/a do Campus de Lugo e Servizos.

Código: PF000004.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Lugo.

Apelidos e nome: Pérez González, José Delfín.

NIF: ***** 756P.

Denominación do posto: vicexerente/a de Xestión Académica.

Código: PF000935.

Subgrupo: A1/A2.

Nivel: 28.

Complemento específico: 30.681,56 €.

Quenda: mañá.

Localidade: Santiago de Compostela.

Apelidos e nome: Colomer Fariña, Francisco Javier.

NIF: ***** 920C.