Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 233 Venres, 7 de decembro de 2018 Páx. 51432

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (699/2017).

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento procedemento ordinario 699/2017 deste xulgado do social, seguido por instancia de Andrea González Fleitas contra Fondo de Garantía Salarial, Juan Liste Brañas sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Sentenza: 00491/2018

PO procedemento ordinario 699/2017

Demandante: Andrea González Fleitas

Graduada social: Matilde Mallo Nieves

Demandado/s: Fondo de Garantía Salarial, Juan Liste Brañas

Avogado/a: letrado de Fogasa

Sentenza:

Santiago de Compostela, 24 de outubro de 2018.

Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, despois de ver os presentes autos seguidos neste xulgado co número 699/2017 sendo parte neste, como demandante, Andrea González Fleitas, asistida pola graduada social Sra. Mallo Nieves e, como demandado, Juan Liste Brañas con nome comercial Parrillada Casa Xan, que non comparece malia a súa citación en legal forma, ao igual que o Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), pronunciou esta sentenza, en nome do rei, con base nos seguintes:

Resolvo:

Estímase a demanda interposta por Andrea González Fleitas fronte a Juan Liste Brañas, con nome comercial Parrillada A Casa Xan e, en consecuencia, condénase a parte demandada a aboar á demandante a cantidade de 1.393,33 euros, máis o 10 % de xuros.

Todo iso sen prexuízo da responsabilidade do Fogasa, se é o caso.

Notifíquese a presente resolución ás partes, contra a que non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina Sandra María Iglesias Barral, maxistrada do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Juan Liste Brañas, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 15 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza