Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51363

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Coirós

ANUNCIO da convocatoria e publicación das bases dunha praza de técnico/a de información xuvenil e animación sociocultural e outra de oficial de oficios varios.

Mediante a Resolución da Alcaldía, do 12 de novembro de 2018, apróbanse as bases e as convocatorias para cubrir unha praza de técnico/a de información xuvenil e animación sociocultural e outra praza de oficial de oficios varios, ambas as dúas de Administración especial, para o Concello de Coirós, mediante sistema de concurso-oposición.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña núm. 218, do 15 de novembro de 2018, aparecen integramente publicadas as bases das convocatorias para a provisión en propiedade, polo sistema de concurso-oposición, dunha praza de técnico/a de información xuvenil e animación sociocultural e outra praza de oficial de oficios varios, ambas as dúas de Administración especial, vacantes no cadro de persoal municipal.

Estas prazas teñen as seguintes características:

– Grupo: A2. Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: técnico/a de información xuvenil e animación sociocultural.

– Grupo E. Escala: Administración especial. Subescala: servizos especiais. Número de vacantes: 1. Denominación: oficial de oficios varios.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte días naturais contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Os sucesivos anuncios desta convocatoria, cando proceda de conformidade coas bases, publicaranse no Boletín Oficial da provincia da Coruña e no taboleiro de edictos do Concello.

Coirós, 15 de novembro de 2018

Francisco Quintela Requeijo
Alcalde