Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51346

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 21 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-265/2018-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio a resolución do expediente PSC-CO-265/2018-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar o recurso se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no TEU do BOE, de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c), da mesma lei.

A Coruña, 21 de novembro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº de expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-265/2018-PPM

José Antonio Mañana Pereiro

32833490R

Resolución

Isaac Díaz Pardo, 24, Santa Cruz, Oleiros

PSC-CO-563/2018-PPM

Juan Francisco Pérez Santamaría

52457918R

Resolución

R/ Mariño, 10, Ribeira

PSC-CO-602/2018-PPM

Ángel Rivas Crujeiras

53482688Y

Resolución

Os Curros, 18, Castiñeiras, Ribeira

PSC-CO-664/2018-PPM

Mª Dolores Maneiro Santos

52456944Q

Resolución

Calexón dos Hórreos, 3 baixo, Porto do Son