Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 232 Mércores, 5 de decembro de 2018 Páx. 51338

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 20 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Vigo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedemento BS210A (expediente VI-65427 e dous máis).

Despois de intentar en tempo e forma a práctica das notificacións dos actos que se relacionan no anexo sen que fose posible por causas non imputables á Administración e xa que a publicación do seu contido íntegro pode lesionar dereitos e intereses lexítimos, de conformidade cos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio notifícase ás persoas que se sinalan no dito anexo, ou aos seus representantes debidamente acreditados, os actos administrativos que se indican.

Para coñecer o contido íntegro dos actos que se notifican, as persoas interesadas ou os seus representantes debidamente acreditados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), nas dependencias do Servizo de Dependencia e Autonomía Persoal da Xefatura territorial da Consellería de Política Social, sitas na praza da Estrela, s/n, 3ª planta (Vigo), en horario de mañá entre as 9.00 e as 14.00 horas, de luns a venres. No caso de non comparecer no prazo indicado, entenderase producida a notificación.

Advírtese, de conformidade co disposto no artigo 24 do Decreto 15/2010, do 4 de febreiro, polo que se regula o procedemento para o recoñecemento da situación de dependencia e do dereito ás prestacións do sistema para a autonomía e atención á dependencia, e no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, que, de non atender o requirimento, se considerará que desiste da súa petición, logo de resolución que deberá ser ditada nos termos previstos no artigo 21 da citada lei.

Vigo, 20 de novembro de 2018

Marta Iglesias Bueno
Xefa territorial de Vigo

ANEXO

Procedemento/

Nº de expediente

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do requirimento

BS210A VI-65427

Faro Vilar, Dolores (*****057H)

Requirimento de documentación necesaria

8.3.2018

BS210A VI-68211

Ojeda Rodríguez, Leonardo (*****577G)

Requirimento de documentación necesaria

1.8.2018

BS210A VI-68804

Álvarez García Casarrubios, Manuel Ramón (*****422T)

Requirimento de documentación necesaria

13.9.2018