Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51152

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (despedimento 763/2018).

Demandante: Manuel Blanco Arnejo

Avogada: Elena Moreira Agra

Demandados: Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Impetu, S.L., Fogasa.

Avogado: letrado de Fogasa

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que por resolución ditada no día da data, no proceso seguido por instancia de Manuel Blanco Arnejo contra Martín Villamil Enríquez, Gimnasio Impetu, S.L., Fogasa, en reclamación por despedimento, rexistrado co número despedimento/cesamentos en xeral 763/2018 acordouse, en cumprimento do que dispón o artigo 59 da Lei de xurisdición social ( LXS), citar a Gimnasio Impetu, S.L., en ignorado paradoiro, co fin de que compareza o día 15.1.2019 ás 9.45 horas, na planta baixa, sala 1, edificio rúa Berlín, para a celebración dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, podendo comparecer persoalmente ou mediante persoa legalmente apoderada, e que deberá acudir con todos os medios de proba de que intente valerse, coa advertencia de que é única convocatoria e de que estes actos non se suspenderán por falta inxustificada de asistencia.

Prevencións legais:

1. A incomparecencia do demandado, debidamente citado, non impedirá a celebración dos actos de conciliación, e, de ser o caso, xuízo, continuando este sen necesidade de declarar a súa rebeldía (artigo 83.3 da LXS).

2. Fáiselle saber que a parte demandante indicou que acudirá ao acto do xuízo con avogado para a súa defensa e/ou representación, o que se lle comunica para os efectos oportunos.

3. Debe asistir ao xuízo con todos os medios de proba de que tente valerse (artigo 82.3 da LXS) e, en caso de que se admita a proba de interrogatorio, solicitada pola outra parte, deberá comparecer e contestar o interrogatorio ou, en caso contrario, poderán considerarse recoñecidos como certos na sentenza, os feitos a que se refiren as preguntas, sempre que o interrogado tivese intervido neles persoalmente e a súa fixación como certos lle resulte prexudicial en todo ou en parte.

Conforme dispón o artigo 91.3 da LXS, o interrogatorio das persoas xurídicas practicarase con quen legalmente as representen e teña facultades para responder a tal interrogatorio.

Se o representante en xuízo non tivese intervido nos feitos deberá achegar a xuízo á persoa coñecedora directa deles. Con tal fin, a parte interesada poderá propoñer a persoa que deba someterse ao interrogatorio xustificando debidamente a necesidade de tal interrogatorio persoal.

Poderán, así mesmo, solicitar, polo menos con cinco días de antelación á data do xuízo, aquelas probas que, tendo que practicarse nel, requiran dilixencias de citación ou requirimento (artigo 90.3 da LXS).

4. Advírteselle que a parte demandante solicitou como probas:

O seu interrogatorio como demandado.

Para tal efecto indícaselle que se non comparece, poderanse ter por certos os feitos da demanda en que tivese intervido persoalmente e lle resultaren en todo ou en parte prexudiciais (artigo 91.2 da LXS).

A achega ao acto do xuízo dos seguintes documentos:

– Alta/s na Seguridade Social do traballador tanto en Gimnasio Impetu, S.L., como en Martín Villamil Enríquez.

– Contratos de traballo en ambas as dúas empresas.

– Boletíns de cotización á Seguridade Social de ambas as dúas empresas de todo o período contractual.

– Recibos de salarios de todo o período de contratación en ambas as dúas empresas.

– Fixación de data de goce das vacacións en ambas as dúas empresas.

Advírteselle que, se os citados documentos non se achegan ao xuízo sen mediar causa xustificada, poderán considerarse probadas as alegacións da parte contraria en relación coa proba acordada (artigo 94.2 da LXS).

5. Debe comunicar a esta oficina xudicial un domicilio para a práctica de actos de comunicación e calquera cambio de domicilio que se produza durante a substanciación deste proceso, cos apercibimentos do artigo 53.2 da LXS, artigo 155.5, parágrafo 1º, da Lei de axuizamento civil (LAC) facéndolle saber que, en aplicación de tal mandato, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou solicitados e, no seu caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación.

O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, fornecerán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similar, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

6. Tamén deberá comunicar, e antes da súa celebración, a existencia dalgunha causa legal que xustifique a suspensión dos actos de conciliación e/ou de xuízo aos que se lle convoca (artigo 183 da LAC).

7º. As partes poderán formalizar conciliación en evitación do proceso por medio de comparecencia ante a oficina xudicial, sen esperar á data de sinalamento, así como someter a cuestión aos procedementos de mediación que puidesen estar constituídos consonte o disposto no artigo 63 desta lei, sen que iso supoña a suspensión, agás que de común acordo o soliciten ambas as dúas partes, xustificando a submisión á mediación e polo tempo máximo establecido no procedemento correspondente que non poderá exceder de quince días.

8º. Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

No caso de que pretenda comparecer ao acto do xuízo asistido de avogado ou representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, poñerá esta circunstancia en coñecemento do xulgado ou tribunal por escrito, dentro dos dous días seguintes ao da súa citación para o xuízo, co obxecto de que, trasladada tal intención ao demandante, poida este estar representado tecnicamente por graduado social colexiado, ou representado por procurador, designar avogado noutro prazo igual ou solicitar a súa designación a través da quenda de oficio. A falta de cumprimento destes requisitos supón a renuncia da parte ao dereito de valerse no acto de xuízo de avogado, procurador ou graduado social colexiado.

E para que sirva de citación a Gimnasio Impetu, S.L., expídese este edicto para a súa publicación no Boletín Oficial da provincia e a súa colocación no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Santiago de Compostela, 14 de novembro de 2018

A letrada da Administración de xustiza