Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51196

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega das Industrias Culturais

ANUNCIO do 28 de novembro de 2018 polo que se procede a dar publicidade da convocatoria e das bases reguladoras do proceso de selección para a contratación, pola modalidade de relación laboral especial de artistas en espectáculos públicos, conforme o disposto no Real decreto 1435/1985, do 1 de agosto, de dez (10) prazas de actrices e actores, coa categoría de protagonistas (4) e principais (6) para a produción do ano 2019, do departamento de produción teatral desta axencia a partir das pezas Fantasía nº 5 en Sol ou Non e Boisaca ou a Divina Desgraza.

Co obxecto de levar a cabo a produción teatral prevista para o primeiro semestre do ano 2019 e, en consecuencia, proceder á selección das actrices e actores que formarán parte do elenco, para a súa contratación mediante relación laboral de carácter especial, aprobáronse as bases que rexerán este proceso selectivo.

Conforme o disposto na base novena, para garantir a publicidade deste procedemento,

RESOLVO:

Anunciar a convocatoria para a selección de dez prazas (10) de actrices e actores, coas categorías de protagonistas e principais, no ano 2019 da produción teatral a partir das pezas Fantasía nº 5 en Sol ou Non e Boisaca ou a Divina Desgraza.

As bases que rexen este proceso, así como o resto da documentación relativa a esta convocatoria, poden consultarse na páxina web http://www.agadic.gal/ e no taboleiro de anuncios da axencia.

A presentación de solicitudes e a documentación anexa deberá realizarse preferiblemente por vía electrónica a través do modelo de instancia dispoñible na páxina web da Agadic, na dirección de correo electrónico audicions.cdg@xunta.gal. Para a presentación poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, inclusive o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365).

Opcionalmente, poderanse presentar en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

O prazo de presentación será de dez (10) días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio.

Os sucesivos anuncios relacionados con esta convocatoria realizaranse conforme o disposto nas bases que se anuncian.

Contra esta convocatoria, que non pon fin á vía administrativa, poderase interpoñer recurso de reposición ante a Presidencia da Agadic no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da súa publicación.

Os actos que deriven desta convocatoria poderán ser impugnados nos casos e forma establecidos pola Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Román Rodríguez González
Presidente de Consello Reitor da Axencia galega das Industrias Culturais