Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51208

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Gráficas Cursiva, S. Coop. Galega

ACORDO de liquidación-extinción de cooperativa.

Segundo o acordo da asemblea xeral da empresa Gráficas Cursiva, Sociedade Cooperativa Galega, en disolución, con CIF F70355326, que tivo lugar en Ferrol o día 31 de outubro de 2018, acórdase a aprobación do balance final e do proxecto de distribución do activo encamiñados á extinción da dita entidade.

Ferrol, 13 de novembro de 2018

Ana María Pita López
José Luis Casal Costoya
Liquidadores