Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51186

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 22 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o inicio do expediente PSC-CO-1223/2018-PPM e tres máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinala no anexo deste anuncio o inicio do expediente PSC-CO-1223/2018-PPM e tres máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado (TEU do BOE), polo que o prazo para presentar alegacións se computará desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, A Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro do acordo de inicio e constancia de tal coñecemento.

As persoas interesadas dispoñen dun prazo de quince (15) días para achegar cantas alegacións, documentos ou informacións xulgue pertinentes e, de ser o caso, propoñer proba concretando os medios de que pretenda valerse, segundo o disposto no artigo 64.2.f) da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

De non efectuar alegacións sobre o contido do acordo de inicio no prazo previsto no artigo citado, este poderá ser considerado proposta de resolución, cos efectos previstos para esta no artigo 89.2 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de conformidade co establecido no artigo 64.2.f) citado.

A Coruña, 22 de novembro de 2018

Juan Carlos Barreiro González
Xefe territorial da Coruña

ANEXO

Nº expediente

Interesado/a

DNI/NIF/NIE

Acto que

se notifica

Enderezo

PSC-CO-1223/2018-PPM

Juan Manuel Pérez García

52938776K

Inicio

Estrada xeral, 28, 3º, Boiro

PSC-CO-1233/2018-PPM

José René Rodríguez Pérez

76779649Z

Inicio

Avenida de Barraña, 57, 1º E, Boiro

PSC-CO-1237/2018-PPM

Luis Jiménez Jiménez

46910889C

Inicio

O Portiño, 48, baixo, A Coruña

PSC-CO-1238/2018-PPM

José Miguel Jiménez Gómez

54155119D

Inicio

Estrada de los Fuertes, San Pedro de Visma, 9, A Coruña