Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51179

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 22 de novembro de 2018, do Servizo de Infraestruturas Agrarias de Pontevedra, polo que se comunica a aprobación do acordo de concentración parcelaria da zona de Troáns, sector II (Cuntis-Pontevedra).

Ponse en coñecemento dos interesados na reestruturación parcelaria da zona de Troáns, sector II (Cuntis-Pontevedra) que, con data do 29 de outubro de 2018, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural aprobou a resolución que a seguir se cita:

«Á vista da disposición transitoria primeira da Lei 4/2015, do 17 de xuño, de mellora da estrutura territorial agraria de Galicia, e en cumprimento do establecido no seu artigo 35, unha vez revisada a documentación e os planos que o compoñen, por este acto apróbase o acordo de concentración parcelaria da zona de Troáns, sector II (Cuntis-Pontevedra).

Conforme o establecido no punto 3 do artigo 16 da antedita lei, queda disolta a xunta local da zona.

A Xefatura Provincial do Servizo de Infraestruturas Agrarias do Departamento Territorial da Consellería do Medio Rural de Pontevedra disporá a súa notificación e publicación nos termos legalmente establecidos».

Contra esta resolución, que non pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a persoa titular da Consellería do Medio Rural, dentro do prazo dun mes a contar desde o día seguinte ao da recepción da notificación persoal ou da publicación substitutiva. Os recursos poderanse presentar na Xefatura Territorial de Pontevedra (Edificio Administrativo na avenida Mª Victoria Moreno, nº 43), nas oficinas centrais da Consellería, en Santiago de Compostela (San Caetano, s/n) ou en calquera das dependencias a que fai referencia a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 22 de novembro de 2018

Antonio Crespo Iglesias
Xefe territorial de Pontevedra