Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51176

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Política Social

ANUNCIO do 24 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifican os actos administrativos ditados no procedementos competencia desta xefatura territorial (expediente BS210A/ LU-0000040107 e tres máis).

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, despois de intentada a notificación persoal dúas veces, emprázanse as persoas interesadas para seren notificadas dos actos administrativos de citación emitidos nos procedementos instados polas referidas persoas interesadas relativos aos expedientes relacionados no anexo.

As persoas interesadas ou persoas que legalmente as representen poderán comparecer para ter coñecemento íntegro de acto e constancia del, no prazo de dez (10) días contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, na Unidade da Dependencia da Xefatura Territorial da Consellería de Política Social en Lugo, situada no Centro Base, rúa Serra de Ancares, nº 68, baixo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida.

Advírtese que, de non presentarse na data indicada no acto de citación unha vez notificado, se concorre a paralización do procedemento por causa imputable á persoa interesada, transcorridos tres meses producirase a caducidade do procedemento acordándose o seu arquivamento de conformidade co disposto no artigo 95 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

Lugo, 24 de outubro de 2018

María Cristina Abades Martínez
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Nº de expediente/proc. BS210A

Apelidos e nome (DNI)

Acto obxecto de notificación

Data do documento

LU-0000040107

María Virtudes García Cupeiro (*****302-H)

Citación BS210A

3.8.2018

LU-0000038657

María Manuela López Penelas (*****709-G)

Citación BS210A

3.8.2018

LU-0000041386

Felipe Federico Peña Tomillo (*****980-M)

Citación BS210A

2.10.2018

LU-0000039758

Marina Baltar Blanco (*****668-Z)

Citación BS210A

8.5.2018