Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51173

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 30 de outubro de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se somete a información pública o permiso de investigación mineira Don Sebastián número 7147.

Por medio da Resolución do 11 de novembro de 2011, da Consellería de Economía e Industria (DOG núm. 236, do 13 de decembro), aprobouse a admisión a trámite da solicitude presentada por Caolines de Vimianzo, S.A.U. do permiso de investigación Don Sebastián nº 7147 para os recursos de caolín, mica e sección C) no termo municipal de Laxe da provincia da Coruña. Esta admisión foi declarada definitiva pola Resolución da Xefatura Territorial do 3 de abril de 2014.

A esta solicitude correspondeulle o número 7147 do rexistro mineiro da provincia da Coruña.

A designación perimetral definitiva que comprende 6 cuadrículas mineiras é a seguinte:

ED 50

ETRS 89

Punto

Lonxitude (W)

Latitude (N)

Lonxitude (W)

Latitude (N)

1

9° 00’ 20”

43° 11’ 00”

9° 00’ 25,56”

43° 10’ 55.85”

2

8° 59’ 20”

43° 11’ 00”

8° 59’ 25.56”

43° 10’ 55,85”

3

8° 59’ 20”

43° 10’ 20”

8° 59’ 25.56”

43° 10’ 15,85”

4

9° 00’ 20”

43° 10’ 20”

9° 00’ 25,56”

43° 10’ 15,85”

Todas as persoas que se consideren afectadas por este permiso de investigación poderán examinar o expediente na Sección de Minas da Xefatura Territorial de Economía, Emprego e Industria, Edificio Administrativo de Monelos, 2º andar, rúa Vicente Ferrer, nº 2, A Coruña, ou no portal da dita consellería http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras e alegar por escrito todo o que crean oportuno presentándoas en calquera oficina das previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas. Para iso terán un prazo de trinta días hábiles, que comezará o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o establecido polo artigo 21 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia (DOG núm. 109, do 6 de xuño).

A Coruña, 31 de outubro de 2018

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña