Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 231 Martes, 4 de decembro de 2018 Páx. 51042

III. Outras disposicións

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 28 de novembro de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se amplía a dotación orzamentaria da Resolución do 14 de marzo de 2018 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018.

A Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, publicada no DOG núm. 61, do 27 de marzo, recolle, no seu artigo 2, que para a concesión destas axudas se destinará un crédito de cincocentos cincuenta mil euros (550.000 €), con cargo á aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Así mesmo, establece que este importe poderá ser ampliado de conformidade co disposto no artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no artigo 30.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o seu regulamento. O incremento de crédito estará condicionado á declaración de dispoñibilidade do crédito como consecuencia dunha xeración ampliación ou incorporación de crédito, da existencia de remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou créditos incluídos no mesmo programa.

En consecuencia, ao terse producido unha ampliación de crédito, e dado que o crédito inicialmente destinado a esta convocatoria resultou insuficiente debido ao volume de solicitudes presentadas, cómpre ampliar o crédito inicialmente asignado a esta convocatoria.

Por todo o exposto, e no exercicio das facultades que me confire a disposición adicional segunda do Decreto 76/2017, do 28 de xullo, de estrutura orgánica dos órganos superiores e de dirección dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia,

RESOLVO:

Artigo único

Primeiro. Amplíase a dotación orzamentaria prevista na Resolución do 14 de marzo de 2018, da Secretaría Xeral da Emigración, pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión das axudas extraordinarias a persoas emigrantes galegas retornadas e se procede á súa convocatoria para o ano 2018, na contía de douscentos cincuenta e dous mil setecentos trinta en nove euros (252.739,00 €), na aplicación orzamentaria 04.30.312C.480.2, código de proxecto 2015 00038.

Segundo. Esta ampliación non afecta o prazo para a presentación de solicitudes establecido na dita resolución nin o resto do seu articulado.

Disposición derradeira

Esta resolución entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 28 de novembro de 2018

Antonio Rodríguez Miranda
Secretario xeral da Emigración