Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 51010

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 12 de novembro de 2018 polo que se notifican as resolucións do expediente de autorización en materia de dominio público hidráulico DH.W36.13701 e cinco máis.

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións publicas, despois de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícanse ás persoas definidas no anexo, as resolucións ditadas no expediente DH.W36.13701 e cinco máis.

En cumprimento do artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os interesados poderán comparecer, no prazo de dez días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas oficinas de Augas de Galicia, situadas na praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da mencionada resolución e constancia de tal coñecemento.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Contra estas resolucións que non esgotan a vía administrativa, poderán interpor recurso de alzada ante a presidenta de Augas de Galicia, de conformidade co previsto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedimento administrativo común das administraciones públicas, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa comparecencia ou da publicación no Boletín Oficial del Estado.

Santiago de Compostela, 12 de novembro de 2018

Teresa María Gutiérrez López
Directora de Augas de Galicia

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Data da resolución

Sentido da resolución

DH.W36.13701

Rogelio Fernández Fernández

4.9.2018

Caducidade

DH.A36.06426

María del Carmen Varela Romay

19.7.2018

Desistencia

DH.B36.62872

Albino Vidal Herbello

19.7.2018

Favorable

DH.W36.13801

Sedesa, Obras y Servicios, S.A.

4.9.2018

Caducidade

DH.W36.13817

José Benito Tilve Cobas

4.9.2018

Caducidade

DH.W36.13815

María del Pilar García Sanmartín

4.9.2018

Caducidade