Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 51020

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña (expediente 631/2016/299; MPX-6/16).

O Pleno municipal, na sesión que tivo lugar o 12 de novembro de 2018, acordou aprobar inicialmente o documento «Modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal da Coruña. Incorporación de elementos ao catálogo. Documento para aprobación inicial. Outubro 2018», redactado pola Oficina Técnica Municipal do Departamento de Planeamento, así como suspender o procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación, edificación e demolición nos ámbitos obxecto da modificación puntual, para os tipos de obra que resulten incompatibles cos niveis de protección asignados a cada un dos elementos.

En cumprimento do artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, o expediente sométese a información pública polo prazo de dous (2) meses, contado desde o día seguinte ao da última das publicacións deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e nun dos xornais de maior difusión na provincia, para que as persoas interesadas poidan consultalo e formular, de ser o caso, as alegacións que consideren oportunas.

A consulta da documentación da modificación puntual pode realizarse no Departamento de Planeamento da Área de Rexeneración Urbana, Dereito á Vivenda e Mobilidade Sostible (praza de Indalecio Prieto, 1-3), en horario laboral de luns a venres, ou no enderezo electrónico: https.www.coruna.gal/urbanismo, na epígrafe Exposición pública de expedientes.

A Coruña, 20 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 2964/2017; BOP do 13 de xullo)
Xiao Varela Gómez
Tenente de alcalde da Área de Rexeneración
Urbana e Dereito á Vivenda