Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 230 Luns, 3 de decembro de 2018 Páx. 50997

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda

ANUNCIO do 8 de novembro de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se emprazan varios interesados para seren notificados por comparecencia en materia de residuos (expediente OU-37/2018 RE e catro máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia, ao resultar infrutuosa a súa notificación.

Os actos foron adoptados pola xefa territorial. A súa eficacia queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único do Boletín Oficial del Estado.

A comparecencia efectuarase no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, na sede desta xefatura territorial, sita na rúa do Paseo, nº 18-5º andar, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Transcorrido o devandito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da súa publicación.

Ourense, 8 de novembro de 2018

Victoria Núñez López
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Expediente

Interesado/a

Acto notificado

Acto adoptado por

OU-37/2018 RE

Adrian Fernando Ilie

Resolución

A xefa territorial

OU-39/2018 RE

Petro Sorin Scripcariuc

Resolución

A xefa territorial

OU-41/2018 RE

Raúl Stefan Plesca

Resolución

A xefa territorial

OU-56/2018 RE

Remus Stefan Plesca

José do Paço Rodrigues

Resolución

A xefa territorial

OU-59/2018 RE

Vasile Preda Munteanu

Resolución

A xefa territorial