De conformidade co disposto no artigo 44 en relación co artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, de procedemento administrativo común das administracións públicas (BOE do 2 de outubro), e o artigo 114 da Lei 2/2012, do 28 de marzo, galega de protección xeral das persoas consumidoras e usuarias; despois de intentada a notificación persoal de acordo co artigo 40 da citada Lei 39/2015, sen que esta se puidese practicar, emprázase o interesado que se sinala no anexo para ser notificado por comparecencia.
O acto adoptouno o órgano instrutor do procedemento.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, ante o Servizo de Consumo da Coruña, con enderezo na praza Luís Seoane, s/n (Edificio Administrativo Monelos, 2ª andar, ala norte) da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 21 de novembro de 2018
Begoña Díaz Piñeiro
Xefa do Servizo de Consumo da Coruña
ANEXO
Expediente: 15R002/55/2018.
Interesado: Yan Wang.
CIF/NIF: Y3402882T.
Acto notificado: proposta de resolución do expediente sancionador.