Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 229 Venres, 30 de novembro de 2018 Páx. 50866

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Arteixo

ANUNCIO da aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta para execución de planeamento na intersección da travesía de Meicende coa rúa Valladolid.

De acordo co disposto no artigo 118 da Lei do solo de Galicia, comunícase que, o Pleno do Concello de Arteixo, en sesión ordinaria celebrada o 31 de outubro de 2018, adoptou o acordo de aprobación inicial do proxecto de expropiación por taxación conxunta para execución de planeamento na intersección da travesía de Meicende coa rúa Valladolid, asinado polo arquitecto Isidro López Yáñez e pola enxeñeira técnica agrícola Beatriz Blanco Lois, que tivo entrada no rexistro municipal do 22 de outubro anterior, expediente número 06/18. Así mesmo, acordouse someter a información pública polo período dun mes o devandito proxecto, mediante a inserción de anuncios no Diario Oficial de Galicia e nun xornal dos de maior circulación da provincia, así como proceder á notificación individualizada co traslado literal das follas de taxación e da proposta de fixación dos criterios de valoración a todos os que aparezan como titulares de bens e dereitos no expediente, para que poidan formular cantas alegacións e reclamacións consideren oportunas tanto con respecto ao expediente expropiatorio, como á fixación do prezo xusto por idéntico prazo dun mes.

A relación de bens e dereitos afectados é a seguinte:

Nº de predio

Referencia catastral

Clasif. solo

Superficie total

(m2)

Superficie
que se vai expropiar (m2)

Bens afectados Descrición unidades

Titular

1

4593512NH4949S0001UO

Urbano consolidado

URME 1 viario

399

114

Edificación en estado ruinoso

1

María Dolores Martínez Martínez

32415123G

Durante o devandito prazo, as persoas interesadas poderán examinar o seu contido nas dependencias municipais do Concello de Arteixo, sitas na travesía de Arteixo, nº 249, 3ª planta, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, a fin de que poidan alegar e presentar os documentos e xustificacións que coiden pertinentes.

Ante a eventualidade de que poidan existir interesados descoñecidos neste procedemento, se ignore o lugar de notificación ou ben, tentada esta, non se puidese efectuar, sirva a presente notificación co alcance e a finalidade previstos no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, sen prexuízo da preceptiva publicación no BOE.

Arteixo, 13 de novembro de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto nº 1336/2015)
José Ramón Amado de la Fuente
Concelleiro de Obras e Servizos Municipais